Tipos de Sinapse e Sistemas Nerviosos en Diferentes Organismos

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,88 KB

A sinapse: unha vez que o impulso nervoso chega ao final do axon, transmítese a outra neurona ou a un órgano efector mediante unha unión funcional denominada sinapse.

Nas sinapses entre as neuronas, a que conduce o impulso chámase neurona presináptica, e denomínase neurona possináptica a que recibe o impulso. Hai 2 tipos de sinapse:

- Sinapse eléctrica: as neuronas están moi próximas e conéctanse por unha proteína que permite o paso de ións dunha á segunte. A transmisión é moi rápida. É máis frecuente nos invertebrados, un exemplo de sinapse eléctrica é a que se produce entre os conos e os bastóns da retina e as neuronas que os conectan co nervio óptico.

- Sinapse química: a separación entre as neuronas é maior que na sinapse eléctrica, o espazo entre as dúas é a fenda sináptica. Os botóns terminais do extremo dos axons teñen numerosas vesículas cheas de substancias químicas, denominadas neurotransmisores. Cando chega un impulso nervoso a estes puntos, prodúcese unha descarga do neurotransmisor á fenda sináptica, que alcanza os receptores específicos, situados na membrana da célula possináptica, o que provoca nesta a despolarización e un novo impulso nervioso.


- Redes nerviosas: nos cnidarios hidras, augamares e anemones de mar) aparecen verdadeiras neuronas que establecen contactos sinápticos entre si e forman plexos nerviosos. Estes plexos son de condución difusa, xa que as sinapses rudimentarias non son unidireccionais, senón que son permeables en ambos os dous sentidos, de forma que a estimulación nun punto se transmite en todas as direccións, e fai que todo o organismo reaccione.

- Sistema nervioso cordal: preséntano os platihelmintos (gusanos planos). Ten maior complexidade que o dos cnidarios: conta con neuronas sensitivas, motoras e de asociación, con sinapses unidireccionais e cunha organización céfalo-caudal, con simetría bilateral.

Consiste en dous cordós nerviosos, lonxitudinais, ventrais, conectados a intervalos entre si. Neste sistema obsérvase unha relativa cefalización, xa que no punto no que os dous cordóns nerviosos se unen, prodúcese un engrosamento que forma un ganglio cerebroide, que funciona como un cerebro siimple. AS sinapses tamén son unidireccionais.

- Sistema nervioso ganglionar: os anélidos presentan unha masa ganglionar dorsal ou ganglios cerebroides unidos e conectados coa cadea ventral por dous cordóns nerviosos que rodean a farinxe, forman o colar periesofáxico. Deste colar parten dous cordóns nerviosos ventrais, fusionados nos mais evolucionados, con dous ganglios, tamén fusionados, en cada metámero. Estes cordóns están unidos por conexións transversais.

- Sistema anular: é o que presentan os equinodermos (estrelas de mar), que, aínda que en estado larval mostran simetría bilateral, sofren unha metamorfose e alcanzan no estado adulto simetría radial, polo que  seu sistema nervioso é radial.

É un sistema moi primitivo sen ganglios, sen cabeza e sen cerebro. Está constituído por un anel nervioso situado ao redor do tubo dixestivo, do que parte un crdón nervioso por cada brazo.

Nos equinodermos o sistema nervioso non está centralizado.

Entradas relacionadas: