Tonecho e o Home do Unto: resumo e personaxes da novela en galego
Personaxes
- Tonecho, o protagonista.
- Manolo, o avó.
- Hermosinda, a avoa.
- O Portugués, veciño.
- Kevin, amigo de Tonecho.
- Sabela, mestra.
- Sra. Marica, muller do Portugués.
Resumo
Tonecho é un neno ao que lle morreron os pais e vai vivir cos seus avós a unha aldea pequena, perdida no medio das montañas de Ourense, chamada Rebordechao, onde queda moi pouca xente e sempre pasan as mesmas cousas. Vai á escola co seu amigo Kevin, un neno gordiño ao que lle gusta moito comer e que é moito máis forte ca el. Os dous están namorados de Sabela, a súa mestra, e están sempre pelexando por ela ata que ela lles di que ten mozo e que vive el desde hai moito tempo.
En Rebordechao, a vida era moi tranquila e case todos os días se facían as mesmas cousas. Aínda que Tonecho o pasa moi ben indo á escola e axudándolle aos seus avós, ás veces aburrese e quería que os seus avós lle comprasen unha PlayStation e unha Xbox. De cando en vez tamén pasan cousas fóra do normal, como o día das eleccións, cando a súa avoa lle tocou na mesa electoral e tivo que estar alí todo o día por culpa de Remixio, que non quixo ir votar e tiveron que estar ata as oito da tarde esperando por el.
Pero un día, cando Tonecho foi dar unha volta pola aldea, entrou nunha casa abandonada, que lle chamaban a casa dos dous carros, e encontrou nun cuarto manchas de sangue.
E así foi como empezou a investigar de quen era esa casa e que pasou nela. Kevin e o Portugués, un veciño de Rebordechao que era o home da Sra. Marica, dixéronlle que nesa casa vivira o Home do Unto, un asasino que matou a unha ducia de mulleres e nenos e despois levábaos ao medio do monte, onde os esfolaba e cortaba en anacos para que os comesen os lobos. Pero o seu avó contoulle que iso pasara hai máis de cen anos e que eran contos de vellas para asustar aos nenos. A mestra tamén lle contou que o Home do Unto era moi guapo e que así era como enganaba á xente, e que por iso o chamaban o Home Lobo de Allariz. Finalmente foi detido e levado ao cárcere por unha muller policía.
A avoa de Tonecho enfadouse moito cando se enterou de que o avó lle ía contando esas historias de medo ao rapaz e prohibiulle volver a ir á casa dos dous carros; por iso lle comprou a PlayStation. Pero Tonecho foi de novo á casa dos dous carros, e case lle cae o teito na cabeza. Cando chegou ao cuarto, xa non había sangue, e o Portugués díxolle que nunca houbera alí sangue.
Ao final, o seu avó díxolle que a xente contaba que o Home do Unto era un home pequeno que lle sacaba o unto á xente que mataba para facer xabón, para despois vendelo, pero que non se preocupase, que eran contos de vellas para que os rapaces collesen medo.
O encontro co lobo
Pero Tonecho si viu un lobo de verdade un día que estaba paseando polo monte co seu can Langrán e comendo un bocadillo. Tivo tanto medo que quedou paralizado, e o bocadillo caeu ao chan entre uns cogomelos tóxicos. Cando marchou o lobo, volveu comer o bocadillo, que lle produciu alucinacións, e empezou a correr coma un tolo, berrando que o querían matar os lobos e uns monstros. Finalmente foi atopado polo Portugués e tivo que pasar uns días no hospital.
Cando volveu á aldea, el, o avó e o Portugués foron ao monte para matar ao lobo. Pero, cando o atoparon no monte, resulta que era unha loba que tiña tres crías pequenas, e non a mataron.