Transformación Económica e Industrial: Conceptos Fundamentais
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4 KB
Conceptos fundamentais da economía e a industria contemporánea
1. Enerxías renovables
Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.
2. Industria 4.0
A Cuarta Revolución Industrial, actualmente en marcha, implica a utilización de novas tecnoloxías como a robótica, a intelixencia artificial, a nanotecnoloxía e o internet das cousas, entre outras. Todo iso debe repercutir nunha automatización das tarefas e unha dixitalización industrial que quizais reverta o proceso de deslocalización industrial promovido polo neoliberalismo de finais do século XX.
3. Deslocalización industrial
Traslado dunha actividade industrial dun país ou rexión a outro lugar, coa finalidade de abaratar custos. Co proceso de globalización da economía posto en marcha polas políticas neoliberais, moitas grandes empresas dos países máis ricos aproveitaron esta estratexia para situar as súas plantas de produción en países menos desenvolvidos, onde os salarios son máis baixos.
4. Descarbonización
Política enerxética consistente na redución paulatina das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) xeradas pola actividade humana. Implica o peche, por exemplo, de centrais térmicas baseadas na combustión de carbón, á par que se fomenta o incremento de enerxía xerada a partir da utilización de enerxías renovables (hidroeléctrica, eólica, solar...).
5. Balanza comercial
É o rexistro de importacións e exportacións dun país nun determinado período. O saldo da balanza comercial é a diferenza do total das exportacións e o total das importacións que se manexan nun país. É excedentaria cando o valor das exportacións supera ao das importacións; é deficitaria en caso contrario.
6. Ecoturismo
Tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Nestas actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o medio e a comunidade local, e mantendo sempre un respecto ético polas leis laborais e os dereitos humanos dos traballadores implicados.
7. Economía sumerxida
Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.
8. Turismofobia
Fenómeno caracterizado polo rexeitamento das poboacións locais do turismo masivo, que xera grandes incomodidades e dificultades aos residentes. Cando nun destino turístico se produce masificación e se desborda a capacidade de carga sobre os recursos medioambientais e mesmo a vivenda, as protestas arrecian e o malestar está próximo á fobia.
9. Plataforma loxística
É unha zona delimitada na que se centralizan e xestionan actividades relacionadas co transporte e a distribución de mercadorías. Son nodos clave na recepción, almacenamento, preparación e expedición de produtos, a nivel nacional e internacional. Despois da crise ocasionada pola pandemia de COVID-19, téñense desenvolvido enormemente en España.
10. Economía colaborativa (economía circular)
Desigualdade existente entre as persoas respecto ás posibilidades de acceso, calidade e formación no uso das TIC (tecnoloxías da información e comunicación). Esta desigualdade dase entre grupos de desigual condición socioeconómica e entre habitantes das zonas rurais e urbanas, dado que a cobertura de internet é ben mellor en áreas densamente poboadas.