Transformaciones Clave de la Revolución Industrial: Agricultura, Vapor y Transporte
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,72 KB
Os cambios na agricultura
O primeiro cambio importante foi a introdución do sistema Norfolk, que substituía ao sistema medieval da rotación trienal e permitía que toda a terra sempre tivese produción, ben de cereais para o consumo humano ou para o gando.
O segundo cambio foi a transformación na propiedade da terra. Ata agora, esta atopábase nas mans da nobreza, que non a explotaba, ou eran terras comunais abertas que non se aproveitaban por dúas razóns: os campesiños tiñan dereito soamente a unha porción das mesmas, que adoitaban ser pequenas e estar dispersas, e ademais non tiñan cartos.
A burguesía, a través do parlamento, conseguiu aprobar as “Leis de cercamento”, nas que esas terras saíron á venda e foron compradas pola burguesía.
Consecuencias dos cambios na agricultura
- Ao aumentar a produción, a poboación estivo mellor alimentada, o que levou a unha maior demanda dos produtos manufacturados.
- O excedente de poboación emigrou ás cidades en busca de traballo, o que fixo que a man de obra fose máis barata para as fábricas.
- Tamén chegaron ás cidades os campesiños que perderan o dereito do cultivo e que non atopaban traballo.
- Grazas ás ganancias na agricultura, púidose acumular capital para investilo na industria.
A máquina de vapor e o inicio das fábricas
Para a creación de bens é necesario aplicar movemento ou forza física que, ata nese momento, era exercida polas persoas ou animais. Porén, a principios do século XVIII, Newcomen inventa a máquina de vapor, que era ineficiente, pero foi perfeccionada por James Watt.
A vantaxe das máquinas é que poden estar traballando sen necesidade de descanso e poden facer o traballo de distintas persoas. Isto permite que a produción sexa máis rápida, o que fai que os custos sexan menores e, polo tanto, os produtos véndanse máis baratos, podendo chegar a máis consumidores.
A revolución dos transportes
A aparición da máquina de vapor fixo que xurdise un medio de transporte como era o ferrocarril. A primeira liña inaugurouse en 1825 e tratábase dun tren que transportaba carbón.
Consecuencias destas melloras:
- Puido levarse mercadorías e persoas máis rápido e en gran número, o que supuxo un abaratamento nos prezos.
- O ferro, necesario para a construción de vías e trens, aumentou a súa demanda.
- Os produtos agrícolas e industriais podían levarse a mercados máis distantes, o que supuxo un proceso de globalización.