Unha e tres cadeiras: Arte Conceptual

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,21 KB

UNHA E TRES CADEIRAS

Cron: 1965 Autor: Joseph Kosuth Estilo: Arte Conceptual Loc: Toledo Museum of Art (EE.UU) Contexto

Despois da Segunda Guerra Mundial comeza unha nova etapa na arte estreitamente vinculada coa evolución dos tempos. Créanse múltiples e novidosas formas de expresión debidas á total liberdade de creación para reinterpretar a nova realidade. Estas tendencias establecen unha ruptura coas correntes estéticas anteriores, e nelas búscase a orixinalidade e provocar unha nova ollada do espectador ante a obra da arte. #A comezos da década de 1950, unha serie de artistas fixeron desaparecer o obxecto artístico e substituírono pola creación dun acontecemento en formato de espectáculo, a medio camiño entre o teatro e as artes, dotando ao espectador de novos escenarios para exercer a crítica e a reflexión social. #O proceso de desmaterialización da obra artística iniciado coa arte minimal culmina a finais da década de 1960 na chamada arte conceptual.


Obra

A obra Unha e tres cadeiras é unha instalación artística que consta de tres elementos ordenados un á beira doutro ante un muro de cor branca. Os tres remiten a un mesmo concepto: unha cadeira. #O artista presentou conxuntamente tres códigos do concepto 'cadeira': o código da linguaxe obxectual, unha cadeira real de madeira; o código visual, a súa imaxe fotográfica; e o código verbal, a súa definición lingüística. #Os tres expoñen distintas modalidades posibles de acceso á comprensión do concepto 'cadeira', coa intención de demostrar que a forma física dun obxecto non é fundamental no recoñecemento e na aprendizaxe dos conceptos por parte do receptor. #No centro da composición hai unha cadeira de madeira de cor marrón, colocada de fronte ao espectador. A esquerda e colgada na parede, hai unha fotografía moi grande en branco e negro na que se ve a mesma cadeira de madeira, fotografada tal como a vemos ao seu lado. #Finalmente, no lado dereito da instalación, atópase tamén colgado na parede un letreiro de cor beixe que reproduce a definición en inglés da palabra 'cadeira'.

Entradas relacionadas: