Unidade do sistema normativo: Coherencia e integridade

Clasificado en Derecho

Escrito el en español con un tamaño de 4,63 KB

Unidade do sistema normativo

Veremos que existen moitas normas, e cada día vaise incorporando máis e máis. Os ordenamentos xurídicos actuais son ordenamentos complexos e dótanse de mecanismos para regular as diferentes realidades que se producen nas sociedades. Veremos que se reciben normas doutros ordenamentos, veremos que distintos órganos inferiores ditan normas. Historicamente isto produciuse de dúas formas diferentes: pola acumulación de normas xurídicas de outros momentos históricos e por un poder orixinario que creo distintas fontes de produción normativa.

Consecuente temos un ordenamento complexo, pero esta complexidade non exclue esta realidade. Porque debemos entender os sistema xurídico na súa totalidade. Esta unidade do sistema conséguese mediante a norma fundamental. Austin falaba de soberanía, Hart falaba da regra de coñecemento, pero posiblemente Kelsen sexa o que mellor exprese a idea de unidade auspiciada na norma fundamental.

A norma fundamental é a que confia unidade ao ordenamento. Así para Kelsen, a unidade funciona dende a constitución que se desenvolve sobre xerarquía normativa entendendo que o ordenamento xurídico é una pirámide normativa que se asenta sobre esta norma fundamental.

Bobbio falaba de que esa pirámide normativa esta formada por distintos planos, que son os propios de sistemas políticos federais como autonómicos que o desenvolve. Debemos ter en conta a especial lexitimidade que ten a norma fundamental dentro do ordenamento xurídico porque esta foi escollida democraticamente.

3.2 Coherencia e integridade do sistema normativo

O sistema xurídico concíbese como un conxunto ordenado de normas que ten coherencia e aséntase sobre o principio de legalidade. O principio de legalidade son as normas.

Un sistema xurídico é coherente cando non se producen contradicións entre normas, onde non se producen antinomias. Como o sistema xurídico é dinámico temos que atender as súa evolución observando que en ocasións pódense producir estes conflictos, pode regularse un suposto de feito por parte de dúas normas que son contraditorias.

Para sabe que se produce un conflito de normas hai que ter en conta:

      • Esas normas pertenzan ao mesmo ordenamento xurídico.
      • Esas normas compartan o mesmo ámbito de validez temporal, espacial, etc. Bobbio clasifica diferentes tipos de antinomias, é fundamental diferenciar dúas:
      • Antinomia total-total na que existe un conflito frontal entre dúas normas.
      • Antinomia total parcial cando non existe un conflito total entre dúas normas, se non que existe unha contradición nuns ámbitos concretos da validez da norma.

Os criterios para resolver as antinomias son:

  1. Criterio xerárquico: a norma superior derroga a norma inferior.
  2. Criterio cronolóxico: a norma máis recente prevalece sobre a máis antiga.
  3. Criterio de especialidade: a norma especial prevalece sobre a norma xeral.
  4. Criterio de competencia: As disposicións legais competentes prevaleceran sempre sobre as disposicións legais con las que no lo son. E isto é moi habitual nos sistemas xurídicos actuais.

A veces poden producirse conflitos entre os criterios y debemos examinar cal de eses criterios prevalece:

  1. Conflito entre criterio xerárquico e criterio cronolóxico. A norma superior máis antiga prevalece fronte a norma inferior máis nova.
  2. Conflito entre criterio xerárquico e criterio de especialidade. A norma superior xeral prevalece fronte a norma inferior especial.
  3. Conflito entre criterio xerárquico e criterio de competencia. A norma inferior competente sobre a norma superior incompetente.
  4. Conflito entre criterio de competencia e criterio de especialidade. A norma competente xeral prevalece fronte a norma incompetente especial.
  5. Conflito entre criterio de competencia e criterio cronolóxico. A norma competente máis antiga prevalece sobre a norma incompetente máis moderna.
  6. Conflito entre criterio de especialidade e criterio cronolóxico. Non se pode resolver a priori, necesítase analizar o caso concreto.

Como conclusión, debemos entender que os sistemas xurídicos actuais, dinámicos, prodúcense antinomias que se resolven directa o indirectamente.

Entradas relacionadas: