A Vangarda e a Narrativa Galega: Da Posguerra aos Grandes Autores
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,92 KB
A Poesía de Vangarda e a Xeración do 25
Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden renovar a arte: son as vangardas. Nelas destacan:
- O futurismo
- O cubismo
- O dadaísmo
- O surrealismo
Caracterízanse por:
- Actitude antirromántica e antisentimental.
- Reivindicación da liberdade creativa, independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte nova.
- Renovación da linguaxe literaria.
A Xeración do 25 ou do 22
Xorde nos anos vinte e trinta, e leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas. Tamén se coñece como xeración das vangardas ou novecentistas. Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós.
O Máis Alá
As mostras máis significativas das vangardas galegas son o manifesto Máis Alá, publicado en 1922 por Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro, e as revistas literarias como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Papel de Color e Yunque. Estas publicacións dan a coñecer entre nós a escritores e artistas principais das vangardas españolas e mundiais: Lorca, Picasso, Dalí, Borges, André Breton...
Agrupacións das correntes poéticas:
- A que, sen romper totalmente coa tradición poética galega, asume certos presupostos vangardistas.
- A que rompe totalmente coa tradición e asume os postulados vangardistas de radical renovación da poesía.
Correntes e Autores Principais
- Neotrobadorismo: Finais dos anos 30. Principais representantes: Fermín Bouza Brey (Nao senlleira, 1933) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933; Dona do corpo delgado, 1950).
- Imaxinismo ou Hilozoismo: O tema principal é a natureza, que aparece humanizada con personificacións. Luis Amado Carballo destaca cos seus poemarios Proel (1927) e O galo (1928), ademais da novela Os pobres de Deus.
- Creacionismo: Manuel Antonio é o máximo expoñente con De catro a catro, único libro editado en vida, formado por 19 poemas. Publica o manifesto Máis Alá no 1922 xunto con Álvaro Cebreiro.
A Prosa de Vangarda
A produción literaria de Rafael Dieste abrangue a narrativa e o teatro:
- Narrativa: Dos arquivos do trasno (1926).
- Teatro: A fiestra valdeira (1927).
Análise de Obras Clave de Rafael Dieste
Dos arquivos do trasno: Subtitulado Contos do monte e do mar, é un conxunto de relatos de misterio, emigración, morriña e morte, nos que retrata a psicoloxía da xente galega e presenta experiencias extraordinarias de tipo fantástico e marabilloso.
A fiestra valdeira: É unha comedia de carácter simbólico que aborda o tema da identidade cultural. O protagonista é un indiano que fixo fortuna en Brasil e agora está retirado na súa vila natal. A súa familia quere ocultar a súa humilde orixe, mais no desenlace reconcíliase co seu pasado mariñeiro e volve sentirse parte integrante da súa comunidade. Dieste emprega o pseudónimo de Félix Manuel.
A Narrativa da Posguerra
- No exilio americano: Publican as súas obras narrativas Ramón de Valenzuela, Silva Santiago e Antón Alonso Ríos. Os temas principais son a evocación da infancia e adolescencia, a vivencia persoal da guerra, as consecuencias do conflito bélico e a diáspora.
- Nos anos 50: Recupérase a produción literaria na nosa lingua grazas a Editorial Galaxia. Os escritores máis significativos son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Anxel Fole.
- Nos anos 60: Comezan a súa produción Xosé Neira Vilas e Xohana Torres. Tamén aparece unha nova xeración, a Nova Narrativa Galega, na que están escritores como Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares e Gonzalo Rodríguez Mourullo.
- Nos anos 70: Danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín, Xavier Alcalá...
Eduardo Blanco Amor
Abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza nos anos de preguerra escribindo poesía (Romances galegos, Poema en catro tempos). A partir dos anos 50 publica as súas grandes obras:
- Narrativa: A esmorga (1959), Os biosbardos (1962), Xente ao lonxe (1972).
- Poesía: Romances galegos (1928), Poema en catro tempos (1931), Cancioneiro (1956).
- Teatro: Farsas para títeres (1973), Teatro pra a xente (1974), Proceso de Jacobus Land (1980).
As súas tres obras principais de narrativa comparten características comúns: mesma localización (Ourense), localización temporal nas primeiras décadas do século XX, protagonismo infantil e xuvenil, preferencia polo narrador en primeira persoa e emprego de formas plurais.
Obras Fundamentais de Blanco Amor
A esmorga: Desenvolve unha historia tráxica que transcorre en escenarios de ambiente urbano ou suburbial. Ten tres partes:
- Documentación: O narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a historia.
- Desenvolvemento: Conta a historia a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán «o Castizo» ante o xuíz. Cibrán, único supervivente e tamén único acusado, narra a súa versión.
- Epílogo: Reaparece o autor-narrador para dar conta da morte do principal personaxe.
Os biosbardos: Sete relatos breves protagonizados por rapaces de Auria.
Xente ao lonxe: Novela longa que narra a historia dunha familia obreira e de esquerda, sendo o protagonista Suso, un neno que narra a súa vivencia persoal e evolución.
Álvaro Cunqueiro
- Narrativa:
- Novelas: Merlín e familia (1955, figura mítica do mago Merlín nun escenario galego, o Pazo de Miranda); As crónicas do sochantre (1956, sitúase na Bretaña francesa, protagonizada por un músico); Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961, inspirado no relato de As mil e unha noites).
- Relatos: Escola de menciñeiros, Cantas de aquí e de acolá, Os outros feirantes (forman unha especie de triloxía de relatos breves).
- Poesía: Cantiga nova que se chama ribeira, Dona do corpo delgado, Herba de aquí e acolá.
- Teatro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río.
Anxel Fole
Foi un mestre do relato curto.
- Narrativa: A luz do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguén cre.
- Teatro: Pauto do demo.
Na súa narrativa, os dous primeiros libros están inspirados na Galiza rural e na montaña luguesa, mentres que os dous últimos comparten unha ambientación urbana na cidade de Lugo.
A Técnica Narrativa
Está baseada no conto popular de tradición oral, con formas introductorias, remate sentencioso e apelacións ao ointe. Resumeuse coa célebre frase: «Galego falado, aínda que sexa escrito».
Xosé Neira Vilas
- Novelas: Memorias dun neno labrego (con Balbino como neno protagonista), Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho, Camiño bretemoso, Remuiño de sombras, Querido Tomás, Tempo novo, Esperando o leiteiro, Romaría de historias.
- Relatos: Xente no rodicio, Historias de emigrantes, A muller de ferro, Relatos mariñeiros.
A súa obra narrativa clasifícase en dous puntos de vista:
- Segundo o espazo: Galiza / América.
- Segundo o protagonista: Infantil / Adulto.
Temas principais: A Galiza rural (retrato da Galiza campesiña da posguerra) e a emigración galega (presentando a vida dos emigrantes).
Tamén é autor de obras como Lar, Pan, Nai, e de literatura infantil como Espantallo amigo ou O cabaliño de buxo. Ademais, escribiu varios libros de investigación, entre os que destacan Galegos no golfo de México, Castelao en Cuba e Guerrilleiros.