Variedades Lingüísticas y Registros: Rexistro Coloquial vs. Formal en Galego, Disciplinas de la Lingüística y Conceptos Clave

Otras lenguas extranjeras18,07 KB

Variedades lingüísticas e rexistros

Variedades lingüísticas: rexistros
Rexistro coloquial ou informal
emprégase nos actos de fala marcados por necesidades inmediatas, subxectivas, da vida cotiá. Entre as súas características destacamos:

  • Ten unha gran riqueza de entonacións e unha pronuncia descoidada que provoca a elisión dalgúns fonemas.
  • Emprégase nel palabras cliché ou de significado xeral como cousa, chintófano ou chisme.
  • Inclúe con frecuencia vulgarismos, dialectalismos e castelanismos.
  • Presenta unha sintaxe simple, con abundantes discordancias e anacolutos.
  • Hai numerosas referencias ao contexto a través dos deícticos.
  • Abundan as apelacións ao interlocutor, así como o uso de presuposicións.

Rexistro formal é o empregado en actos de comunicación motivados por unha actividade máis ou menos planificada, cun claro contido intelectual ou estético e cun propósito obxectivo. A nivel lingüístico:

  • Presenta unha pronuncia coidada e unha entonación repetitiva e máis monótona có do rexistro coloquial.
  • A sintaxe é complexa, con numerosas construcións subordinadas e un amplo uso de conectores textuais.
  • Amosa unha maior precisión e riqueza léxica.
  • Escasean os recursos comunicativos extralingüísticos, como os acenos.
  • A relación co interlocutor é máis parca e está formalizada a través de fórmulas de cortesía.

Disciplinas da linguaxe

  • Fónico: estrutura do sistema fonolóxico.
  • Morfolóxico: descrición da forma das palabras.
  • Sintáctico: relación entre as palabras e unidades superiores para formar unidades complexas.
  • Léxico-semántico: relacións entre os significados.
  • Textual: tipoloxía textual e características.
  • Pragmático: uso da lingua.
  • Sociolingüística: disciplina que se ocupa de estudar o uso das linguas e a súa relación co medio social.
  • Psicolingüística: ocúpase de estudar os procesos psicolóxicos que permiten adquirir, empregar e comprender a linguaxe.
  • Neurolingüística: investiga o funcionamento das estruturas cerebrais responsables das facultades de falar e comprender a linguaxe.
  • Lingüística antropolóxica: estuda a visión da realidade que expresan os distintos pobos a través das súas linguas. Pon de relevo as relacións dos falantes co entorno no que viven.
  • Lingüística computacional: disciplina que conecta a informática e a lingüística co obxectivo de facilitar o tratamento informatizado das linguas e do seu estudo, así como crear modelos lingüísticos artificiais.
  • Lingüística aplicada: ocúpase dos procesos de ensino-aprendizaxe, tanto da primeira lingua como de segundas linguas, ou da adquisición de linguas asistida por ordenador.

Comunicación escrita

Linguaxe non innata do ser humano

A linguaxe só se activa mediante a vida en sociedade. Coñecemos casos de nenos que permaneceron durante longos períodos en soidade e que, cando foron adoptados, carecían por completo da linguaxe. É innata a capacidade de adquirir a linguaxe: todos os humanos estamos programados xeneticamente para facelo, pero esta adquisición só se realizará nun contexto social.

Comunicación entre persoas e animais

  • Existe comunicación entre unha persoa e un animal? Existe comunicación, pero só a entenden os animais; nós non. Se chamamos a un can, el acode á chamada, pero nós non entendemos o que el di.

Disciplinas lingüísticas e as súas definicións

  • Semántico: elaboración de programas de corrección lingüística para os procesadores de texto.
  • Lingüística aplicada: os cambios de idioma que practica un falante dentro dunha comunidade con linguas en contacto.
  • Sociolingüística: as relacións que se establecen entre os elementos dunha frase.
  • Sintaxe: os elementos que forman o sistema vocálico en posición tónica e átona.
  • Fonoloxía: a adecuación dun discurso ao público a quen vai dirixido.
  • Pragmática: as etapas que percorre unha criatura na adquisición da linguaxe.
  • Psicoloxía da linguaxe: as características do pobo galego en relación co feito de que na nosa lingua existan moitísimos topónimos.

Etnolingüística e neurolingüística

  • Etnolingüística: a localización das áreas do cerebro que presentan un deficiente funcionamento nunha persoa que perdeu a fala despois dun accidente de tránsito.
  • Neurolingüística: completa.

Variantes léxicas por rexistro

Vulgar / Coloquial / Culto

  • espichar / morrer / falecer
  • choio / traballo / emprego
  • empapelar / multar / impoñer unha sanción
  • controla de paxaros / especialista en pa / ornitólogo
  • pasar de todo / non facer nada / inhibirse
  • dar a vara / molestar / perturbar
  • papear / comer / nutrirse
  • médico dos ollos / oculista / oftalmólogo
  • mangar / roubar / furtar
  • pirarse / marchar / ausentarse
  • cabrearse / incomodarse / enfadarse
  • meter o zoco / trabucarse / errar

Diacronía e sincronía

  • Diacronía: estuda a lingua ao longo do tempo. En principio era a gramática histórica, a evolución das palabras.
  • Sincronía: estudo da lingua sen ter en conta o tempo.

O signo lingüístico

"O signo lingüístico está formado pola unión de dúas partes diferentes pero inseparables: o significante (conxunto de sons que configuran a imaxe acústica do signo) e o significado (concepto ou idea que evocan os sons)."

Lingua e fala

Lingua-fala: o código colectivo fronte á realización individual. Eugenio Coseriu engade a categoría da norma lingüística á dicotomía lingua-fala de Saussure.

Conflito, bilingüismo e diglosia

  • Conflito lingüístico: definese como a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes.
  • Bilingüismo: capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas, a súa propia e outra distinta. Esa capacidade é adquirida ben con intención utilitaria (laboral, formativa, turística), ben con intención integradora (aprendizaxe da lingua da comunidade onde o individuo pretende integrarse). O bilingüismo é esencialmente asimétrico, xa que resulta moi difícil acadar un nivel de competencia idéntico e un uso totalmente equilibrado ou neutro de dous idiomas.
  • Diglosia: distribución funcional de linguas nun territorio. Lingua A / Lingua B: razón de prestixio social. Lingua 1 / Lingua 2: orde cronolóxica na aprendizaxe de linguas.

O esperanto

O esperanto foi creado en Lituania en 1887 por un xudeu polaco chamado Ludwig Lazarus Zamenhof. Asemellase ás linguas indoeuropeas. A súa gramática considérase esquemática, xa que busca a regularidade fuxindo das excepcións. Ten un alfabeto con 23 consoantes e 5 vogais. É a lingua artificial máis extensamente coñecida. En 1908 fundouse a Universala Esperanto-Asocio, que mantén relacións oficiais coa ONU e a UNESCO. Traducíronse obras da literatura universal.

Lingua maioritaria, minoritaria e minorizada

  • Lingua maioritaria: o estatuto da lingua maioritaria non é inmutable. Linguas europeas como o inglés, o francés, o portugués ou o castelán sufriron un fenómeno de expansión debido á súa acción colonial nos outros continentes. Na actualidade, o inglés é a lingua internacional máis empregada. Este é un fenómeno moi recente, que comezou no XIX. Na Europa medieval ninguén creería que unha lingua rural, sen cultivo escrito, illada nunha illa do fin de Europa, se convertería na lingua hexemónica séculos despois.
  • Lingua minoritaria: é aquela que conta cun número reducido de falantes. Se consideramos que unha lingua que ten menos dun millón de falantes é minoritaria, este sería o caso de máis do 94% das linguas do mundo. Aínda que as linguas minoritarias adoitan ser as máis ameazadas e en situación de marxinación, non é sempre así. Por exemplo, o islandés, con 200.000 falantes, ten unha grande vitalidade e unha situación de plena normalidade dentro do seu territorio.
  • Lingua minorizada: é aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración, xustiza, vida comercial, publicidade, ensino) e privados.

A vitalidade das linguas depende de diversos factores como o número de falantes, a presenza no sistema educativo e a porcentaxe de falantes dentro do territorio. Presentan distintos graos de vitalidade:

  • Proceso de normalización: están a recuperar ámbitos sociais de uso, por exemplo o catalán no Estado español.
  • Proceso de substitución: perden progresivamente ámbito de uso e falantes, por exemplo o aragonés ou o bretón.
  • Linguas que viven simultaneamente un proceso de normalización e de substitución: gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso, por exemplo o galego.

Sistema vocálico

O sistema vocálico ten un deseño triangular, e a oposición fonolóxica baséase en dous trazos: a abertura ou modo de articulación e a localización.

  • Posición tónica: o sistema vocálico está formado por 7 fonemas. En moitos dos casos, a diferenza entre as vogais medias semipechadas e semiabertas afecta á distribución léxica: pega (/e/, paxaro) / pega (/ɛ/, verbo pegar); bote (/ɛ/, verbo botar) / bote (/o/, substantivo). A abertura da vogal media márcase nalgúns casos mediante o acento diacrítico: óso/oso, póla/pola.
  • Posición átona: existen 5 fonemas, xa que se suprime a diferenza entre /ɛ/ e /e/, e entre /ɔ/ e /o/.
  • Sistema vocálico en nesta comarca: mantense a diferenza aberta/pechada tamén en posición átona, polo que mantemos as 7 vogais.
  • Posición átona final de palabra: só se conservan 3 fonemas: /a/, /e/, /o/.

Fenómenos fonéticos

Adición

Engade vogais.

  • Posición inicial: prótese (ej.: arradio < radio; arrodear < rodear).
  • P. medial: epéntese (ej.: ceio < ceo; correio < correo).
  • P. final: paragoxe (ej.: mullere < muller; xardinhe < xardín).

Supresión

Elimina vogais.

  • P. inicial: aférese (ej.: inda < ahínda).
  • P. medial: síncopa (ej.: vran < verán; pra < para).
  • P. final: apócope (ej.: val < vale; parer < parecer).

Fenómenos de cambio vocálico

  • Labialización: consiste en que as vogais da serie anterior ou palatal en contacto cun fonema labial pasan á serie velar dentro do seu grao de abertura (ej.: víspera → víspora; semana → somana; levedar → levodar).
  • Harmonización: consiste en que, cando na sílaba tónica aparece -i-, -u- ou o diptongo -ei-, as vogais tónicas desestabilízanse e pechan un grao de abertura dentro da súa serie (ej.: coruña → curuña; mentira → mintira; pedir → pidir).

Clasificación do substantivo

Segundo o significado

  • Comúns: designan un ser calquera dunha clase ou especie (ej.: nena, cidade).
  • Propios: designan de maneira individual unha persoa, cousa ou animal, distinguíndoo dos do resto da súa clase (ej.: Antía, Martín).
  • Concretos: designan persoas, animais ou cousas que se poden percibir polos sentidos (ej.: casa, mesa).
  • Abstractos: designan ideas, sentimentos ou calidades que non se perciben polos sentidos (ej.: alegría, amor).
  • Contables: designan cousas ou seres que se poden contar (ej.: casa, libro).
  • Non contables: designan cousas que non se poden contar (ej.: sal, auga, area).
  • Individuais: designan en singular unha soa cousa (ej.: rosa, abella).
  • Colectivos: designan en singular un conxunto de seres da mesma especie (ej.: rabaño, frota, enxame).

Palabras léxicas que comezan por in-

  • Intocable: que non se pode tocar.
  • Inoloro: que non ten olor.
  • Invidente: que non ve.
  • Inmóbil: que non pode moverse.
  • Ingrávido: que non ten peso.
  • Insulso: que non ten sal.
  • Iletrado: que non sabe ler.
  • Inaudible: que non se pode oír.
  • Insípido: que non ten sabor.
  • Inaudito: que non se oe nunca.
  • Inválido: que non pode camiñar.
  • Infirmo: que non está san.
  • Inmortal: que non morre.
  • Indemne: que non sufriu dano.
  • Imberbe: que non ten barba.

Relacións semánticas

Disciplina que estuda o significado das palabras e as súas modificacións.

  • Polisemia: un significante posúe máis dun significado (1 entrada no dicionario con entradas dos distintos significados) (ej.: serra, caixa).
  • Homonimia: palabras de significados diferentes que coinciden na pronuncia ou na grafía (2 entradas no dicionario) (ej.: trono, pata).
  • Sinonimia: distintos significantes expresan o mesmo significado.
  • Antonimia: dous significantes expresan significados opostos.
  • Hiponimia: unha palabra ten o seu significado incluído dentro doutra máis xeral.
  • Hiperonimia: cando o significado dunha palabra inclúe o significado doutra distinta.
  • Hiperónimo: ten un significado máis amplo ou xeral (ej.: moble).
  • Hipónimo: ten un significado máis específico (ej.: cadeira, mesa). Os hipónimos dunha mesma palabra son cohipónimos entre si.

Campo semántico: grupo de palabras que están relacionadas por un trazo do seu significado e que pertencen á mesma categoría gramatical.

Formación do plural: palabras en -l

  • Monosílabos: engaden -es (mal → males; sol → soles; mol → moles). Tamén os compostos a partir de monosílabos (soles, xirasoles; mol, ollomoles; mel, chuchameles).
  • Non monosílabos:
    • Non agudos: engaden -es (túnel → túneles; cónsul → cónsules; fértil → fértiles).
    • Agudos: engaden -is (animal → animais; cadril → cadrís; español → españois).

Implantación do latín

A historia da lingua galega que hoxe falamos comeza cando os colonizadores romanos trouxeron o latín ao noroeste da Península Ibérica. Daquela, os pobos que habitaban estas terras sufriron un proceso de asimilación cultural, ao tempo que se producía a substitución lingüística, converténdose o latín en lingua dos habitantes da Gallaecia. Así e todo, as linguas prerromanas deixaron a súa pegada sobre o idioma dos colonizadores; por iso conforman o substrato do galego.

O latín experimentou cambios fonéticos e gramaticais debido aos hábitos articulatorios e ás estruturas morfosintácticas das linguas prerromanas. Pero onde máis doadamente atopamos a súa pegada é en elementos léxicos, tanto do vocabulario común como da toponimia e da antroponimia.

Descargar

PDF Word HTML