Variedades xeográficas del gallego: bloques dialectales y subordinadas
Las variedades xeográficas del gallego
As variedades xeográficas son unha riqueza fundamental das linguas, pois expresan a diversidade cultural e histórica das comunidades de falantes. No caso do galego, os dialectos non empobrecen a lingua, senón que a fortalecen, achegándoa á realidade social e emocional das persoas. Respectalos e incorporalos á literatura contribúe á normalización e á dignificación do idioma, reforzando a identidade colectiva sen renunciar á unidade lingüística do galego.
Bloque occidental
Abrangue a parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra e unha pequena zona no suroeste da provincia de Ourense.
Trazos dialectais xerais
- Gheada: [hálo], [ámigo]
- Seseo explosivo: [mósa], [sapáto]
- Seseo implosivo: [lús], [rapás]
Morfolóxicos
- Terminación en -án para masculino e feminino: o/a irmán.
- Terminación en -ns para masculino plural: cans, pantalóns.
- Pronome ti: ti sabes.
- Pronome el: el sabe.
- Terminación verbal da P2 do pretérito de indicativo en -eches(s) / -estes(s): ti colleche(s) / colleste(s).
Áreas
- Área bergantiñá: terminación -iu na P3 do pretérito de indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación: colliu, partiu.
- Área fisterrá: seseo explosivo (faser e sine no canto de facer e cine) e cheísmo (uso de che como CD): vinche na Praia. Na zona norte (Xallas) empregan sistematicamente o ditongo -ui-: muito, truita, noite... Na zona sur (Tambre, Barbanza) usan o ditongo -oi-: moito, troita, noite...
- Área pontevedresa: terminación -eu na P3 do pretérito de indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación: colleu, parteu.
Bloque central
Esténdese polo nordeste e interior da provincia da Coruña, polo interior da de Pontevedra, e por case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense (salvo a franxa oriental).
Trazos dialectais xerais
- Fonéticos: gheada / non gheada: [hálo] / [gálo]. Ditongo -oi-: moito, troita.
- Seseo implosivo / non seseo: [lús] / [luθ].
Morfolóxicos
- Terminación -ao para masculino e -á para feminino: irmao / irmá.
- Plural en -s para substantivos rematados en -n: cas, pantalós.
- Alternancia pronomes ti / tu: ti sabes / tu sabes.
- Terminación verbal da P2 do pretérito de indicativo en -iche(s): ti colliche(s).
- Terminación verbal da P4 do presente de indicativo en -des: vós cantades.
Áreas
- Área mindoniense: pronomes nosoutros/-as e vosoutros/-as. Formas verbais propias (seña e esteña no canto de sexa e estea). Palabras específicas (felgo en vez de fento, cimio en vez de grelo, golpe en vez de raposo...).
- Área lucu-auriense: formas dos demostrativos iste, ise, aquil. Pronome persoal il. Imperativo singular dos verbos da segunda conxugación con vogal temática -u (colleu en vez de colle) ou en -i (bibe en vez de bebe...).
- Área central de transición: ditongos -oi- (noite, troita) e -ui- (muito, truita). Formas do demostrativo este e do pronome el.
- Área oriental de transición: formas este, ese, aquel, fronte á área lucu-auriense con iste, ise, aquil e il.
Bloque oriental
Este bloque comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e Ourense, e tamén o galego falado máis alá das fronteiras administrativas de Galicia. Esta zona inclúe a parte máis occidental de Asturias (Terra Navia-Eo), León (Ancares leoneses e Bierzo occidental) e Zamora (As Portelas).
Trazos dialectais xerais
- Fonéticos: non gheada: [gálo], [amígo]. Non seseo: [luθ]. Ditongo -ui- (-u-): muito (muto).
- Morfolóxicos: terminación -ao para masculino e -á para feminino: irmao / irmá. Plural en -is para substantivos rematados en -n: cais, pantalóis. Terminación en -ín en lugar de -iño: camín, pasarín. Pronome tu: tu sabes. Terminación verbal da P4 do presente de indicativo en -is: vós cantáis.
Áreas
- Área asturiana: mantemento do -l- intervocálico: avolo (por avó), molín (por muíño). Terminacións -lus, -ías fronte aos comúns -iños, -iñas: molíus, sardías.
- Área ancaresa: vogais nasalizadas: cadeã, uã. Gheada: [hálo]. Palatalización do a tónico (irmã no canto de irmá).
- Área oriental-central: terminación en -ius no canto de -iños: veciús... Formas verbais en -n: collín, partín, ficen...
- Área zamorana: teísmo (uso de te como CI): eu non te dou iso.
Oracións subordinadas
1. Subordinadas substantivas
Funcionan como un substantivo y son sustituibles por iso.
Nexos
- que: Dixo que viría.
- se: Non sei se virá.
- infinitivo: Quero estudar.
Funcións
- Suxeito: Gústame que veñas.
- Complemento directo: Dixo que viría.
- Atributo: A verdade é que mentiu.
- Complemento indirecto: Deu importancia a que viñeses.
- Complemento de réxime: Penso en que todo irá ben.
- Outras: CC → Entrou sen que o visen. CN / CAdj → Teño medo de que falle.
2. Subordinadas adxectivas (relativo)
Funcionan como adxectivo, modificando un nome.
Nexos
que, quen, cal, cuxo, onde.
Antecedente
Sempre teñen antecedente (agás as substantivadas): O libro que merquei.
Función do relativo
Dentro da subordinada:
- Suxeito: O rapaz que chegou.
- CD: O libro que merquei.
- CR: A cousa da que falas.
Tipos
- Especificativas (sen comas): limitan o significado. Os alumnos que estudan aproban.
- Explicativas (con comas): achegan información extra. Os alumnos, que estudan, aproban.
- Substantivadas (sen antecedente): Quen moito abarca, pouco aperta. O que dixeches é certo.
3. Subordinadas adverbiais
Funcionan como un adverbio, expresando unha circunstancia.
A) Propias
- Modo: Faino como che dixen.
- Lugar: Irei onde ti vaias.
- Tempo: Cando chegues, avisa. Tipos: anterioridade, simultaneidade, posterioridade.
B) Impropias
- Causais: porque, xa que...
- Consecutivas: tan... que.
- Condicionais: se.
- Concesivas: aínda que.
- Finais: para que.
Construcións absolutas
- Infinitivo: Ao chegar, chamou.
- Xerundio: Estudando, aproba.
- Participio: Rematado o exame, marchou.