A Literatura Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros, Prosa e Léxico Fundamental

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,56 KB

Xéneros e Formas da Literatura Medieval Galego-Portuguesa

Lais
Fan referencia á Materia de Bretaña, ao mundo do rei Artur e os seus cabaleiros. Existen 5 cancioneiros na Biblioteca Nacional de Lisboa.
Pranto
Expresa a dor pola perda ou desgraza dunha causa, sexa esta unha persoa ou a destrución dunha cidade.
Cantiga de seguir
Composicións nas cales se parte doutro texto orixinal ao que se parodia.
Cantigas de Loor
Teñen dous tipos: as de temática amorosa e as que seguen oracións litúrxicas.
Haxiografía
É a narración dos milagres levados a cabo por santos e beatos. Escrita unhas veces para as minorías e outras para un público amplo, tivo unha importancia decisiva para a consolidación da prosa nas linguas romances.
Tenzón
Cantiga na que cada cobra está composta por distintos autores.
Pastorela
É un xénero menor, ademais dos tres grandes xéneros, e forma parte do cancioneiro relixioso representado polas Cantigas de Santa María.
Prosa tabeliónica
É a que nos facilita os primeiros textos redactados integramente en galego-portugués.
Ciclo Carolinxio
As diversas fazañas e aventuras relacionadas co mundo do emperador Carlos Magno.

Santiago e o Códice Calixtino

Relacionado con estas dúas traxectorias (a haxiográfica e as aventuras carolinxias) xorde un volume: trátase dos Miragres de Santiago, redactado a fins do século XIV ou comezos do XV, que en realidade é unha tradución incompleta do Liber Sancti Jacobi ou Códice Calixtino, do século XII. No seu estado actual, conforma un volume de contido variado, que inclúe o relato de varios milagres realizados polo apóstolo Santiago e as heroicidades de Carlos Magno na Península.

O Léxico na Poesía Galego-Portuguesa

En referencia ao léxico tamén se poden facer bastantes indicacións. O feito de que os trobadores importaran de Francia uns esquemas poéticos determinados, sobre todo nas cantigas de amor, fixo que se utilizasen moitas palabras de orixe occitana ou francesa, algunhas de maneira ocasional, outras con maior implantación. Así podemos citar vianda.

As cantigas de escarnio e maldicir moitas veces chegaron en malas condicións e a reconstrución faise imposible, pero outras veces pódense interpretar sen dificultades e móstrannos un léxico mordaz e procaz, coa introdución de palabras vedadas nos outros xéneros: tetas, puta.

Por outra banda, nas cantigas de amigo, xunto ás numerosas repeticións de fórmulas feitas, como mar salido, mar levado, etc., unha característica importante é a presenza sistemática de formas arcaicas, que xa non corresponden á realidade lingüística do século XIII: color, así como a forma lo, la do artigo en casos que non lle corresponde: a las aves.

Glosario de Termos Específicos

VIANDA
Calquera alimento para as persoas, e en especial o preparado a base de carne.
FELÓN
No mundo feudal, vasalo que traizoou ao seu señor.
VERXEL
Horto con variedades de flores e árbores froiteiras.
DESDÉN
Actitude adoptada con alguén a quen non se considera merecedor de prestarlle atención.