Vocabulario de xeografía física e dinámica global: termos clave

GeografíaActualizado el 9,28 KB

Resumen

Dicionario de termos xeográficos esenciais organizado en tres bloques: xeomorfoloxía e relevo, hidroloxía e recursos hídricos, e climatoloxía, xunto cunha sección de xeografía ambiental e dinámicas globais. Cada entrada define o concepto e adoita aportar exemplos do territorio español ou galego. Ao final, o estudante coñecerá o significado de termos como meseta, ría, acuífero, aridez, inversión térmica ou AMOC.

Puntos clave

  • A tectónica de placas explica a deriva continental; a superficie terrestre divídese en unhas dez placas ríxidas que se separan, converxen ou deslízanse.
  • Os zócolos son chairas formadas no Paleozoico por erosión de cordilleiras antigas, con materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita.
  • As cordilleiras de pregamento xurdiron na oroxénese alpina do Terciario a partir de sedimentos calcarios do Secundario.
  • O índice de De Martonne calcula a aridez anual como P/(T+10), mentres que o de Gaussen considera árido un mes cando 2T > P.
  • A inversión térmica consiste en que o aire é máis frío no solo que en altura, típica do inverno en situación anticiclónica.
  • Un acuífero é un embolsamento de auga subterránea formado cando a auga de precipitación se infiltra e se acumula sobre un estrato impermeable.
  • A AMOC é unha corrente atlántica que transporta calor cara ao norte e cuxa desaceleración por fusión do xeo ártico podería afectar ao clima de Europa occidental.

Ponte a prueba

Dicionario de Termos Xeográficos Esenciais

Xeomorfoloxía e Relevo

Paisaxe

A paisaxe xeográfica é o aspecto visual que ofrece un territorio. Depende dos elementos naturais que o integran e das actividades humanas que se desenvolven nel. De acordo con iso, as paisaxes xeográficas clasifícanse habitualmente en naturais e humanizadas, aínda que a maioría son mixtas.

Meseta

Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, que se presenta dividida polo Sistema Central na Submeseta Norte e na Submeseta Sur, e esta á súa vez, dividida polos Montes de Toledo.

Tectónica de placas

Teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos. A superficie exterior da Terra preséntase dividida en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas, volcáns e terremotos). As placas sofren tres tipos básicos de movementos: sepáranse, converxen e deslízanse.

Ría

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa do ascenso deste ou do descenso da codia continental. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial, relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes. As Rías Altas e Baixas galegas son bo exemplo disto.

Zócolo

Chaira ou meseta formada na era primaria ou Paleozoico como resultado do arrasamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na parte occidental da meseta (penechairas salmantinas e estremeñas).

Cordilleiras de pregamento

Son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Actualmente presentan fortes pendentes e formas escarpadas. Distínguense as cordilleiras intermedias (Sistema Ibérico e parte oriental da Cordilleira Cantábrica) e as alpinas (Pireneos e Béticas).

Cuncas sedimentarias ou depresións

Son zonas afundidas formadas na era terciaria que se encheron con sedimentos arxilosos e calcarios (arxila, arenitos, margas e calcaría). Son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores. Ex. cuncas de zócolo (Douro, Texo e Guadiana) e cuncas ou depresións prealpinas (Ebro e Guadalquivir).

Hidroloxía e Recursos Hídricos

Aluvión

Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.

Marisma

Chaira de lama. Fórmanse nas baías baixas que se enchen con sedimentos achegados polos ríos que as atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa ao descuberto en baixamar. Un exemplo, en España, serían as marismas do Guadalquivir.

Cunca fluvial ou hidrográfica

É o territorio cuxas augas verten a un colector principal (río ou lago) limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas, liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas, e que adoita coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos. Ex. Cunca do Norte, Miño, Douro, Texo, etc.

Estiaxe

Período durante o cal os ríos ou outras correntes de auga alcanzan o seu caudal máis baixo. A este nivel dáselle o nivel 0 e, a partir del, mídese a altura das augas. En España, os estiaxes son especialmente acusados nos ríos mediterráneos da metade meridional da Península.

Acuífero

Embolsamento de auga subterránea. Fórmase cando as augas de precipitación se infiltran, atopan un estrato impermeable e se acumulan sobre el. Poden descargar as súas augas a través de ríos e de mananciais, ou directamente no mar. A súa sobreexplotación para regadío fainos estar no punto de mira da sostibilidade ambiental.

Desalgadora

Planta que produce auga doce a partir da auga salgada mariña. No litoral mediterráneo, onde a cantidade de precipitación recibida é escasa para atender ás necesidades de consumo dunha poboación en medra, trátase dunha solución para o abastecemento de auga doce con diferentes usos vencellados, sobre todo, ao consumo humano.

Climatoloxía e Dinámicas Atmosféricas

Aridez

Insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. Depende da relación que hai entre a precipitación e a temperatura. Así é maior canto menor é o volume de precipitacións e canto máis alta é a temperatura. Para calcular a aridez mensual adóitase usar o índice de Gaussen, sendo un mes árido cando 2TºC > P mm (cando o dobre da temperatura media é igual ou maior que o total das súas precipitacións en mm) e a aridez xeral pode calcularse co índice de De Martonne P/(T+10), é dicir, o total de precipitacións dividido entre a temperatura media anual máis dez (zona húmida, semihúmida, etc.).

Barlovento

Aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de sotavento, polo contrario, queda exposta ao fluxo descendente.

Inversión térmica

Situación atmosférica anómala na que a temperatura do aire é máis fría no solo ca en altura, cando debería diminuír segundo o gradiente adiabático normal. É típica do inverno en situación anticiclónica, en concas intermontañosas e fondo dos vales. Prodúcese polo arrefriamento nocturno do solo que se transmite ao aire inmediato a este, volvéndose máis frío que o das capas superiores, dando lugar a néboas, orballo, ou pola chegada dunha masa de aire frío que se mete por debaixo dunha cálida.

Isóbara

Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isóbaras trázanse cada 4mb. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclóns; cando se sitúa por baixo, borrascas.

Isohieta

Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas. Utilízase sobre todo nos mapas climáticos.

DANA / DINA / Gota fría

DANA / DINA é o acrónimo de “Depresión Illada en Niveis Altos” da atmosfera. É unha “gota fría” ou embolsamento de aire frío que se illou e desprendeu do Jet Stream e provoca habitualmente choivas torrenciais por mor da convección atmosférica. É cada vez máis habitual nos períodos desde finais de primavera ata comezos do outono na cunca mediterránea, onde a mestura de aire quente en superficie e aire frío en altura dá lugar a situacións atmosféricas treboentas.

Xeografía Ambiental e Dinámicas Globais

Emerxencia climática

Caracterización das consecuencias do quecemento global, acentuado no Antropoceno (proposta de época xeolóxica por determinados científicos para substituír o Holoceno), a causa das emisións de gases de efecto invernadoiro por mor do consumo masivo de combustibles fósiles. Diversos activistas como Greta Thunberg e Extinction Rebellion fan fincapé nas consecuencias do desxeo polar, o incremento do nivel do mar, e solicitan aos gobernos mundiais a posta en práctica de políticas ecoloxistas que reduzan os riscos medioambientais.

AMOC

Acrónimo de Atlantic Meridional Overturning Circulation (circulación de volco meridional do Atlántico), corrente atlántica transportadora de calor que facilita a suavidade térmica en Europa occidental (caracterízase por un fluxo cara ao Norte de auga cálida e salgada en capas superiores do Atlántico, e un fluxo cara ao Sur de augas máis frías e profundas que forman parte da circulación termohalina). Esta estase a ver diluída pola fusión de xeo ártico nas costas de Groenlandia; en consecuencia, o aporte de auga doce ralentiza a Corrente do Golfo, que pouco a pouco desaparecería.

Vexetación clímax

Vexetación que se estableceu por si mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou case equilibrio asintótico dun ecosistema local.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é unha ría?

Unha ría é un val fluvial somerxido baixo o nivel do mar por ascenso deste ou descenso da codia continental. As Rías Altas e Baixas galegas son un bo exemplo.

Que é unha DANA?

DANA é o acrónimo de Depresión Illada en Niveis Altos. É unha gota fría de aire frío illada do Jet Stream que provoca habitualmente choivas torrenciais.

Que é un zócolo?

Un zócolo é unha chaira ou meseta formada no Paleozoico por erosión de cordilleiras antigas. Está composto por rochas silíceas como granito, lousa, cuarcita e xistos.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que tipo de relevo é a meseta segundo o texto?
2. Que son as placas tectónicas segundo o texto?
3. Que fenómeno provoca unha inversión térmica?
4. Como se define unha isóbara?
5. Que é unha cunca fluvial ou hidrográfica?
6. Que indica a aridez segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.