Vocabulario, Gramática e Historia do Rexurdimento Galego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,42 KB

Vocabulario e Léxico Galego

  • Raquíticas: que presenta un crecemento deficiente ou incompleto.
  • Feble: falta de vigor, forza ou resistencia, tanto no sentido físico coma no moral.
  • Disque: segundo parce ser, segundo se di.
  • Mestura: efecto que resulta de xuntar varias cousas formando un todo ou un conxunto desordenado.
  • Improviso: facer algo sen mediar preparación e estudo previo.
  • Corredor: paso ou espazo máis ou menos estreito e longo que comunica os cuartos dunha casa ou as vivendas dun edificio.
  • Fiestra: abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz, xeralmente cerrada con vidros.
  • Monótonas: cousa que se caracteriza pola repetición e pola falta de cambio, o que pode provocar aburrimiento e fastío.

Botánica e Árbores de Galicia

  • Carballo (roble): ten belotitas.
  • Bidueiro (abedul): sementes alargadas.
  • Castiñeiro (castaño): bolas puntiagudas.
  • Acivro (acebo): ten froitos vermellos.
  • Freixo (fresno): ten ouxiñas colgantes.
  • Ameneiro (aliso): ouxiña circular solitaria.
  • Salgueiro (sauce): ouxiña alargada.
  • Loureiro (laurel): ouxiña pouco alargada.
  • Buxo (boj).
  • Vimbio (mimbre).

Gramática da Lingua Galega

Artigos e Demostrativos

  • Artigos determinados: o, a, os, as.
  • Artigos indeterminados: un, unha, uns, unhas.
  • Demostrativos: este/a, ese/a, aquel/a e en plural.

Formas Especiais de Posesivos

De meu, de teu, de seu, de noso, de voso.

Posesivos

Meu/s, miña/s, noso/s, nosa/s, teu/s, túa/s, voso/s, vosa/s, seu/s, súa/s (a palabra seguinte a isto é o posuído).

O Rexurdimento en Galicia

O Rexurdimento foi un movemento cultural, social e sobre todo literario que se desenvolveu na segunda metade do século XIX en Galicia. O seu obxectivo era dignificar a identidade galega e recuperar o uso do idioma galego. Comezou en 1863 coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a primeira obra escrita integramente en galego nesta etapa, e rematou en 1916 coa creación das Irmandades da Fala.

Os principais autores do movemento foron Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, que expresaron nas súas obras a conciencia cívica da época e as preocupacións sociais de Galicia.

Contexto Histórico e Social do Século XIX

O século XIX estivo marcado por unha gran inestabilidade política, con alternancia entre moderados e progresistas ata 1868, cando comezou o Sexenio Revolucionario, que levou á Primeira República Española. Despois produciuse a restauración monárquica con Afonso XII.

En Galicia había caciquismo e sistema foral, que favorecía á fidalguía e ao clero, provocando o empobrecemento das clases populares e facendo que moita xente tivese que emigrar. Tamén apareceron as primeiras industrias de salgadura, aínda que Galicia seguía sendo maioritariamente agraria.

Situación Cultural e Lingüística

A mediados do século XIX apareceron as primeiras publicacións periódicas, que xa incluían algúns textos en galego. Nos anos 70 xurdiron xornais e revistas monolingües en galego, como O Tío Marcos da Portela e A Monteira, que axudaron a difundir o ideario do Rexurdimento.

Tamén foi importante a publicación de Historia de Galicia, de Benito Vicetto e Manuel Murguía, que pretendía demostrar a existencia da nación galega ao longo da historia. Ademais, aparecero as primeiras gramáticas do galego, como a de Juan Antonio Saco y Arce, e dicionarios, como o de Marcial Valladares, que contribuíron á recuperación culta do idioma galego. Tamén destacaron as primeiras editoriais galegas na Coruña, como a Librería Gallega de Uxío Carré e a Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar.

A Marxinación do Galego na Idade Moderna

Desde o século XV, o galego empezou a perder prestixio e funcións que tivera na Idade Media e foi substituído polo castelán polas políticas dos reis de Castela, como Isabel I de Castela, Carlos I de España e Filipe IV de España, que buscaban unificar linguisticamente o reino. Enviaron xente de Castela aos cargos da Administración e da Igrexa e impuxeron o castelán nos documentos oficiais.

As clases altas galegas adoptaron tamén o castelán, polo que o galego desapareceu dos usos formais e da escrita, e xurdiron prexuízos lingüísticos contra el.

O Galego como Lingua Majoritaria

A pesar diso, o galego seguía sendo a lingua majoritaria da poboación, porque a sociedade era moi ríxida e xerárquica e a maioría da xente non necesitaba falar castelán. Ademais, había pouco contacto co castelán e durante os séculos XVI, XVII e XVIII apenas existían medios de difusión como educación ou prensa.

Mentres tanto, outras linguas románicas (castelán, portugués ou francés) desenvolvían gramáticas, dicionarios e literatura, o que aumentou a diferenza de prestixio respecto ao galego.

Entradas relacionadas: