Xénero e Sexo: Construcións Sociais e Impacto na Sociedade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,83 KB

Diferenzas entre Sexo e Xénero: Unha Perspectiva Sociocultural

A cuestión das diferenzas por sexo e a súa relación co proceso evolutivo é complexa. Se o proceso evolutivo foi unha vantaxe para o home, non pode dicirse o mesmo da muller, a cal seguirá vinculada á natureza pola súa capacidade reprodutiva que, aínda no século XXI, segue primando fronte á capacidade intelectual. Ata que punto as diferenzas entre homes e mulleres son un produto do sexo máis que do xénero? É dicir, en que medida se deben ás diferenzas biolóxicas?

Definicións Clave: Sexo e Xénero

Sexo

O sexo identifica as diferenzas biolóxicas e o seu papel esgótase na reprodución. A nosa sociedade recoñece dous sexos biolóxicos: machos e femias (comeza a aceptarse a existencia de persoas intersexuais). O sexo refírese a trazos físicos.

Xénero

O xénero fai referencia ao conxunto de comportamentos e características que cada sociedade lle atribúe a un dos sexos. A nosa sociedade recoñece dous xéneros; son categorías socioculturais que definen como deben comportarse as persoas de determinados grupos sociais. Parecen naturais, pero son construcións sociais.

A maioría das diferenzas que recoñecemos entre homes e mulleres débense a unha orixe cultural.

A Construción Social do Xénero na Infancia

O xénero constitúese na primeira parte da infancia na súa relación cos adultos. Os nenos e nenas son condicionados xenéricamente: refórzanse os comportamentos que son considerados propios do seu sexo e desincentívanse os que non o son. Constitúense así, na maior parte das culturas occidentais, os arquetipos de homes seguros, agresivos e competitivos, e de mulleres inseguras, tenras e maternais.

Asociacións Culturais e Roles de Xénero

A maioría das culturas asocian o colectivo feminino coa natureza ou coa colectividade, mentres que o masculino se asocia coa cultura, a técnica ou a construción humana. As mulleres son asimiladas á natureza pola súa función reprodutora e a menstruación. Por outro lado, case todas as culturas entenden a natureza como algo a dominar e inferior.

As mulleres asócianse ao ámbito privado, mentres que o home se asocia ao público e aos asuntos políticos.

O Patriarcado: Orixe e Impacto

O Patriarcado é unha política social e de supremacía masculina que consiste na instauración dunha xerarquía social na cal os homes ocupan os postos de poder e as mulleres se subordinan a eles. O patriarcado xorde coa división sexual do traballo.

Entradas relacionadas: