Xeosfera, Minerais e Rochas: Composición, Tipos e Xestión Sostible
A Estrutura e Composición da Terra
A xeosfera é a parte sólida da Terra. É a maior das súas capas, xa que se estende desde a superficie ata o centro do planeta. Está baixo os océanos e parte dela emerxe para formar os continentes. Está formada por rochas, minerais e polos solos.
Divídese en 3 capas concéntricas de densidade crecente:>
- Codia
- Manto
- Núcleo
Que é un Mineral?
Un mineral é unha substancia sólida de orixe natural, inorgánica, cunha estrutura química determinada e unha estrutura interna cristalina característica.
Significado desta definición
- SON SÓLIDOS: Isto quere dicir que os líquidos e os gases non son minerais.
- TEÑEN ORIXE NATURAL: Isto exclúe calquera obxecto fabricado polo home.
- SON INORGÁNICOS: Isto significa que non poden formar parte dos seres vivos.
- POSÚEN UNHA ESTRUTURA QUÍMICA ESPECÍFICA: Os átomos que forman un mineral son sempre do mesmo tipo e atópanse sempre nas mesmas proporcións. Así, por exemplo, o cuarzo está formado pola combinación de átomos de silicio e osíxeno, cumpríndose que sempre hai o dobre de osíxeno ca de silicio.
- DISPOÑEN DUNHA ESTRUTURA CRISTALINA CARACTERÍSTICA: Os átomos que forman os minerais ordénanse e distríbense de forma ordenada e regular. A estrutura interna pode manifestarse externamente con formas xeométricas características. Os cristais son os minerais nos que a estrutura interna está perfectamente ordenada.
Propiedades dos Minerais
- RAIA: Para obtela, podemos escorregar o mineral con forza sobre unha superficie branca e dura; por exemplo, unha baldosa de porcelana sen esmaltar deixará un rastro de po de cor característica.
- BRILLO: É a propiedade que ten o mineral de reflectir a luz.
- EXFOLIACIÓNS: É a capacidade que representan algunhas minerais de romperse en superficies planas e lisas.
Tipos de Rochas
Rochas Sedimentarias
órmanse a partir de sedimentos, partículas que se producen polo desgaste doutras rochas ao actuar sobre elas axentes como a auga, o vento ou o xeo. Estas partículas deposítanse sobre a superficie da Terra en capas ou estratos e transfórmanse en rochas mediante unha serie de procesos que acontecen moi lentamente.
- LUTITA: As lutitas son as rochas sedimentarias máis abundantes. Formanse a partir de sedimentos de tamaños moi reducidos, que non se diferencian a simple vista.
- ARENISCA: Formouse a partir de sedimentos de tamaño reducido, mais que se diferencian a simple vista.
- CONGLOMERADO: Nos conglomerados pódense observar restos redondos doutras rochas, que quedan inmersos nunha matriz. Estes restos teñen tamaños sempre maiores aos dous milímetros, polo que se observan a simple vista.
- CALIZA: Están formadas principalmente por calcita, polo que se poden diferenciar pola súa baixa dureza e a súa capacidade de reaccionar con ácidos.
Rochas Magmáticas
Se o magma se arrefría no interior da terra falamos de rochas magmáticas intrusivas.
- GRANITO: É a rocha magmática intrusiva máis abondosa da codia terrestre. Está formada por 3 minerais: cuarzo, feldespato e mica.
- SIENITA: Ten un aspecto moi semellante ao granito, distínguese porque non ten cristais de cuarzo ou ten moi poucos.
- BASALTO: Trátase da rocha máis común da codia. É especialmente abundante nos fondos oceánicos e tamén en illas volcánicas.
- PUMITA: É unha rocha magmática extrusiva. Trátase dunha rocha moi porosa, formase cando un magma líquido cun alto contido de gases é expulsado ao exterior da codia e se arrefría moi rapidamente.
Rochas Metamórficas
- LOUSA: Trátase dunha rocha de gran fino, pode dividirse en láminas finas e planas con facilidade.
- GNEIS: Son rochas compostas polos mesmos minerais ca o granito: cuarzo, mica e feldespato. Os cristais oriéntanse en bandas ben definidas, con capas alternas de materiais claros e escuros; non ten tendencia a partirse en láminas.
- MÁRMORE: Formouse a partir da caliza.
O Ciclo das Rochas
Todas as rochas se forman a partir doutras que xa existían. Os procesos mediante os que as rochas se forman, se descompoñen e dan lugar a novas rochas denomínase ciclo das rochas. Estes procesos dependen da presión, da temperatura, do tempo e das condicións cambiantes da codia terrestre. As rochas sedimentarias fórmanse a partir da alteración de calquera rocha que estea na superficie.
Os Recursos Minerais
A maioría dos recursos minerais non é renovable e estes recursos poden esgotarse.
Utilidades de Minerais e Rochas
Teñen multitude de usos. Segundo o uso que lles damos, podemos clasificalos en:
- Yeso
- Ferro
- Áridos
- Petróleo
- Carbón
Extracción de Rochas e Minerais
Todas as rochas se poderían explotar xa que hai multitude de variedades. Para seleccionar unha ou outra téñense en conta factores como a accesibilidade, a demanda e a facilidade de extracción.
A extracción de minerais asícese a outros minerais ou rochas. Nalguns lugares da codia aparecen concentrados certos minerais, polo que a súa explotación resulta rendible; a estes lugares chamámoslles xacementos. A mena é a parte do xacemento que ten interese e se rexeita o estéril.
As Minas
Unha mina é a escavación realizada para extraer os recursos minerais. Poden ser:
- MINAS A CEO ABERTO: Realízanse cando o recurso mineiro se atopa na superficie ou a moi pouca profundidade.
- CANTEIRAS: Delas extráense áridos, rochas ornamentais ou industriais.
- MINAS SUBTERRÁNEAS: Nestas minas a actividade realízase por debaixo da superficie a través dunha rede de túneles e galerías.
Xestión Sostible e Uso Responsable
Unha comunidade sostible necesariamente terá de explotar de xeito sostible os seus recursos minerais mediante as seguintes accións:
- REDUCIÓN: Uso responsable dos recursos mineiros; unha menor demanda de produtos derivados de minerais e rochas fará que diminúa a actividade extractiva.
- RECICLAXE: Unha vez que os obxectos fabricados con este aluminio rematan a súa vida útil, poden volver fundirse para fabricar novos obxectos.
- REUTILIZACIÓN: De produtos, dándolle novos usos. Con accións como estas contribuímos ao desenvolvemento sostible da nosa comunidade.