Xose Neira Vilas, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez: Narrativa e Poesía na Literatura Galega Contemporánea
Xose Neira Vilas
Visión realista e crítica da Galicia rural e do mundo da emigración. Obra importante é Memorias dun neno labrego. Cada capítulo é autónomo. Neira foxe do ruralismo costumista e dálle un ton universal ao implicar o lector na problemática do protagonista.
Protagonista infantil
Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho forman o ciclo do neno.
Outras temáticas
- A realidade do campo galego e o caciquismo
- A emigración
- As experiencias dos galegos que se viron sorprendidos pola Revolución Cubana
- A realización do ser humano
Técnicas
- Uso das novas voces narradoras
- Estrutura en forma de diario, cartas ou conversas
Carlos Casares
1ª etapa
As primeiras obras están nos postulados da nova narrativa. Emprega técnicas vangardistas e os seus personaxes son sórdidos e violentos.
- Vento ferido: 12 relatos de violencia e represión.
- Cambio en 3: técnica obxectualista (describir un obxecto como se fose gravado por unha cámara).
- Xoguetes para un tempo prohibido: autobiográfica.
2ª etapa
Deixa as innovacións técnicas e céntrase na historia do relato. Ilustrísima e Deus sentado nun sillón azul presentan unha visión pesimista da sociedade, da intolerancia e da inxustiza.
Mª Xosé Queizán
Referente da literatura escrita por mulleres, con militancia nacionalista e compromiso feminista. A orella no buraco combina obxectualismo e monólogos interiores nun espazo urbano.
Outros temas
Feminismo, os gais, a violencia e a inxustiza.
Xosé Luís Méndez
Referente da literatura contemporánea.
Poesía
Temática social e política, de carácter independentista e revolucionario. Utiliza o pseudónimo Heriberto Bens. Con pólvora e magnolia marca o paso da poesía social-realista a outra de maior elaboración formal.
Narrativa
A súa obra responde a unha unidade global, con lugares e personaxes que se repiten en toda a obra.
1ª etapa
- Percival e outras historias: 14 contos con gran dominio da técnica do relato.
- O crepúsculo e as formigas: relatos realistas de personaxes de baixos instintos.
- Arrabaldo do norte: ambiente opresivo.
2ª etapa
Forte simboloxía política: Retorno a Tagen. Liña realista. Crónica de nós: 9 relatos con situacións políticas que conxugan 2 tempos históricos e 2 mundos diferentes: falanxista e nacionalista.
3ª etapa
Mundo simbólico da materia de Bretaña: Amor de Artur e Arnoia.
4ª etapa
Arrainos, serie de relatos ambientados nun espazo real, na fronteira con Portugal. Situacións nas que está presente a cultura popular e a represión fascista.
Verbos
Caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poder, poñer, querer, saber, ser, ter, traer, valer, ver, vir.
Tempos verbais
- Perfecto: -en
- Pluscuamperfecto: -era
- Presente de subxuntivo: -a
- Imperfecto de subxuntivo: -ese
- Futuro de subxuntivo: -er