A prosa de fins do XX e comezos do XXI

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,02 KB

A prosa de fins do XX e comezos do XXI.Coa chegada de democracia producíronse cambios lexislativos e económicos na sociedade galega que traen consigo cambios sociais..Todos estes avances democraticos posibilitaron unha evidente dinamización cultural. Dous feitos contribuiron de xeito decisivo a aparicion de novos narradores durante os 80: a creación de editoriais con vontade empresarial e a aparicion de premios literarios de narrativa. Xorde asi un novo e heteroxeneo grupo de narradores, que a critica literaria chamou a «Promoción dos premios de narrativa»: Alfredo Conde, Xavier Alcala, Victor F. Freixanes, Xose M. Martinez Oca, Paco Martin... Da obra de Alfredo Conde destacaremos a novela Xa vai o griffon no vento (1984), que foi Premio Nacional de Literatura. 0 tema dominante nas suas obras é o problema da soidade e a liberdade do individuo fronte o mundo que o rodea. Nas obras de Xavier Alcala, en cambio, apreciase claramente unha componente autobiografica, coma na novela A nosa cinza (1980), onde fai un atraente e dinámico retrato da xeración de mozos nacidos, coma el, na posguerra. Por ultimo, Victor F. Freixanes consagrouse como narrador xa coa sua primeira novela, 0 triangulo inscrito na circunferencia (1981), que nun ton epico entre a lenda e a historia, presenta o relato da vida dos Mariño, unha dinastia de navegantes galegos..Xa nos anos 90 aparece un grupo de autores que sera o encargado de introducir novas tematicas e formas expresivas dentro da narrativa galega. Teñen en comun que a meirande parte naceron despois de 1950, comezaron a publicar narrativa a partir da decada dos 80 e o seu labor creador tamen alcanza outros campos: a poesia, o xornalismo, o teatro... Xorden agora novas modalidades e temas: novela negra (ou policial), novela-crónica, novela de ciencia ficción. En correspondencia coa diversidade de estilos e temas, os autores empregan unha rica variedade de rexistros linguisticos. Carlos G. Reigosa, Dario Xohan Cabana, Suso de Toro, Manuel Rivas, Manuel Forcadela ou Xose Cid Cabido son algúns dos novos narradores mais relevantes. 0 primeiro, Carlos G. Reigosa, experimentou diferentes vias narrativas, pero, con todo, a súa creación mais relevante foi Crime en Compostela (1983) que inaugurou o xenero da novela negra na nosa literatura. Dario Xohan Cabana, pola súa banda, adoita construir o relato nun universo propio que abala entre o real e o imaxinario, e gusta de retomar o pasado histórico, como fai na súa novela Galván en Saor (1989). Suso de Toro escribiu libros de relatos, coma Polaroid (1986) e Tic-Tac (1993), e novelas como Calzados Lola (1997) e Non volvas (2000). Centrase na representación da sociedade galega de hoxe, con ambientación urbana, dominada polo consumismo, a superficialidade, a violencia e o disparate. Por útimo, a narrativa de Manuel Rivas, con obras coma ¿Que me queres, amor? (1996), libro de relatos, e o lapis do carpinteiro (1998), novela. Na súa obra é omnipresente o tema da tension entre tradición e moderrnidade, entre mundo rural e urbano, da nosa sociedade..Compre lembrar, por ultimo, a narrativa infantil e xuvenil, que, sen dúbida, esta a gozar do seu momento mais brillante, debido, sobre todo, a escolarización obrigatoria en lingua galega, a aparicion de autores e coleccións dirixidas ao publico infantil e xuvenil, asi como de premios literarios especificos. Algúns autores que se achegaron a creación para nenos e mozos xa foron mencionados: Dario Xohan Cabana, Suso de Toro ou Manuel Rivas. Outros autores de reconocido prestixio son, por exemplo, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustin Fernandez Paz, Miguel Vazquez Freire, Manuel Lourenzo…

Entradas relacionadas: