A alienación e a estrutura da sociedade segundo Marx

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,42 KB

Comentario

Marx divide a sociedade en infraestrutura económica, a base real que é o conxunto de actividades polas cales os homes producen os bens necesarios para satisfacer as súas necesidades. A actividade produtiva é a actividade principal do home, que o implica nunha relación dobre coa natureza e cos outros homes. Dous elementos que a forman son: as forzas produtivas (capacidade de produción dunha sociedade concreta) e as relacións de produción. A superestrutura ideolóxica, que é o conxunto de ideas, representacións e institucións derivadas e encargadas de mantela e de xustificala. Ambas conforman a estrutura da sociedade ao igual que a infraestrutura determina a superestrutura, a vida real determina a conciencia e por iso o problema da conciencia; a falsa conciencia ou ideoloxía imagina que a conciencia é autónoma e isto fai que o home se distancie da base material e se dedique a crear teorías puras. Para eliminar as ideas da falsa conciencia e desfacer a ilusión da autonomía non é suficiente con criticar senón que é necesario abolir, mediante a revolución, as relacións sociais económicas existentes das que se derivan tales ideas. Marx mantén afirmacións:

  • lo que os homes pensan é un produto da sociedade na que viven
  • as ideoloxías que ten Marx un sentido negativo en canto que describen ao home e á súa situación no mundo.
  • esa deformación do interese da clase dominante por manterse na súa situación de dominio.
  • a ideoloxía política da burguesía consiste en declarar ao pobo soberano e a todos os cidadáns
  • a conciencia desde o punto de vista do interese do proletariado pode estar ser científica e non ideolóxica

Outro aspecto temático de Marx é o problema do ser humano, o materialismo de Marx apoia-se na relación home-natureza e o home é:

  1. Un ser natural; xurdido pola natureza. En canto a ser natural, é un ser de necesidades materiais que necesita acudir á natureza para satisfacerse
  2. Un ser activo-práctico: que ten que facerse a si mesmo nunha progresiva realización e en relación coa natureza. A través do traballo
  3. É un ser social: a autorrealización humana mediante o traballo non é unha tarefa individual senón comunitaria
  4. É un ser histórico: o home traballa sempre, é actividade produtiva, hai distintas formas de producir e de entrar en relación con outros homes o chama: “modo de produción material”

A alienación é aquel “poder alleo e hostil que se erixe contra o home en lugar de ser el quen o domine” Marx diferencia entre o suxeito produtor e o obxecto producido. O traballador na realización do produto sae de si mesmo, se exterioriza e entra en contacto coa natureza e con os demais homes. Segundo Marx hai tres clases de alienación: a alienación relixiosa, considera que o ser humano é o creador de Deus e da relixión, para Marx a relixión é “O opio do pobo”. A alienación sociopolítica, o home, na sociedade capitalista, está alienado porque sofre unha dobre división, por un lado a súa vida privada como persoa individual que está dominada por intereses egoístas e por outro, o seu comportamento como persoa pública na vida política. Na alienación económica, que é a máis importante, o traballo é a esencia do home. O produto do traballo non lle pertence a el, senón a outro.

Entradas relacionadas: