Análise crítica da obra 'A Fundación' de Antonio Buero Vallejo

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,61 KB

ILUMINACIÓN

A Fundación é unha traxedia de Antonio Buero Vallejo representada por primeira vez en 1974. Nela, o autor realiza unha reflexión crítica sobre o home contemporáneo e a sociedade na que lle tocou vivir, na cal a personalidade do home queda anulada e causa alienación. Aínda que Buero Vallejo foi preso político tras a Guerra Civil, a súa intención é superar o ámbito do particular para reflexionar sobre o universal. Por tanto, a súa denuncia non se limita á situación concreta tratada na obra, senón que pretende cuestionar aspectos esenciais da condición humana.

Inicio da obra

A obra iníciase cunha luz clara que vai escurecéndose progresivamente ata chegar ao final á tenebrosa escuridade da cárcere. A acotación final indícanos, entre outras novas, a reaparición da luz irisada. Do mesmo xeito, a música que se escoita ao comezo (Guillermo Tell, de Rossini) e que crea un clima idóneo para a ensoñación, abre e pecha a obra. Ambos elementos, luz e son, adquiren unha forte carga simbólica e contribúen de maneira especial a dotar á obra dunha estrutura cíclica e circular.

Evolución dos elementos lumínicos e sonoros

Os elementos lumínicos e sonoros evolucionan ao longo do drama. A obra iníciase cunha luz clara que vai escurecéndose progresivamente ata chegar ao final á tenebrosa escuridade da cárcere. A lámpada que só Tomás ve na cela toma valor simbólico, pois nun momento determinado da obra non se acende (pode entenderse como un pequeno paso cara á recuperación da súa cordura). Tamén é simbólico o feito de que un dos últimos días nos que se desenvolve a obra as luces da cárcere non se apaguen; despois, pouco a pouco os personaxes son “trasladados”: primeiro Tulio, despois Asel e, por último, Lino e Tomás.

Conclusión da obra

O mundo de Tomás asociado á “fundación” derrúmbase con estrépito cando o “Home” enfermo co que dialoga Tomás resólvese que en realidade é un home morto. A luz, que ata agora era unha “irisada claridade un tanto irreal” convértese nunha agria “claridade gris e tristona”, cada vez máis crúa. Tamén a vaixela e os cristais tornánse en pratos, vasos e culleres de metal, a porta fina de madeira pasa a ser de chapa con cravos e a neveira desaparece. A obra foi un sucesivo desenvolvemento do camiño de Tomás á vida real; pero aínda falta o último cadro, no que xa non hai ventá nin un lenzo de parede gris. Tras recordar todo o seu pasado (tortura, delación e posterior intento de suicidio) a cortina que formaba o inexistente cuarto de baño desaparece e a luz alcanza por igual a toda a escena. Só neste momento o espazo representa en todos os seus pormenores a realidade da prisión.

Epílogo

Antes de caer o tellón, cando xa non hai personaxes sobre o escenario, a acotación final comunícanos que a escena recobra de novo o aspecto da Fundación: volven a libraría, a neveira, o paisaxe, a luz irisada e a música de Rossini, mentres o Encargado abre a porta e invita a entrar a uns novos inquilinos. Mediante esta información, Buero Vallejo pretende prevenir ao espectador sobre as “Fundacións” que nos acechan na vida; hai que manterse atento a todo o que a sociedade limita ou enaxena ao home. A anécdota concluíu pero a vida segue. En definitiva, o mundo é o mesmo fóra e dentro: todo é cárcere, todo é Fundación. Por todo iso, podemos concluir que existe unha perfecta adecuación entre a forma e o contido, para o cal resultan esenciais estes dous elementos escenográficos: a iluminación e os sons.

Entradas relacionadas: