Arquitectura popular e postmodernismo: influencias de Venturi

Clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,85 KB

Na planta baixa derivada da composición triangular, máis grande e que se organiza sobre unha simetría primaria pero que non é unha simetría estrita, senón que se manipula para ao final resolver de modo correcto o programa dos diferentes usos da vivenda. Observamos a entrada que se xera un pequeno zaguán que nos defende do exterior e no que con este pequeno mecanismo de quiebro da planta o que se consegue é cara á dereita unha maior dimensión para que a entrada á vivenda teña a dimensión adecuada, por esixencia presencial. A cheminea como elemento principal en torno ao cal se organiza o fogar e ao mesmo tempo é a escaleira de acceso á planta primeira onde está o estudio. A escaleira diminúe a súa sección para deixar paso ao tiro da cheminea. Na planta primeira nos atopamos de novo coa reinterpretación do arco manierista barroco, que conforma o alzado principal, no que todo o fronte posterior está definido por esa xeometría tan marcada.

Learning from Las Vegas. VENTURI – SCOTT BROWN – IZENOUR 1972

Venturi defende a arquitectura do popular, defende o valor da forma, ¿como o consegue? Facendo un edificio cunha forma que sexa perfectamente recoñecible (pato), ou ben buscar unha forma indiferenciada, buscarlle algo engadido de maneira que poña o valor e permita recoñecer o que estamos facendo. Isto é unha consecuencia directa do libro “Aprendendo de Las Vegas”. Isto provocará que determinadas arquitecturas vinculadas a centros comerciais en EEUU nos que se xoga con este carácter, a utilización de algún elemento non arquitectónico que permita o recoñecemento do carácter que ten o edificio cando a súa forma non sexa claramente atribuíble a un significado. A consecuencia de todo isto é que hai unha serie de autores, algún entendido como culto e lido, outros nin cultos nin lidos que o que fan é utilizar esa vía aberta por Venturi e entender a historia como catálogo figurativo.

Otros exemplo de lecturas cultas e non cultas dos textos de Venturi:

Piazza d’Italia (Charles Moore, Nueva Orleáns, 1975-78) En o pavimento se xoga con elementos volumétricos, a xeometría é do manierismo italiano, todo o demais está formado por elementos do lenguaxe clásico, como os capiteles, impostas… pero en materiais baseados no uso do formigón prefabricado, variando as súas dimensións e atribuíndoos a usos distintos. Como por exemplo o de Bofill.

Les Echelles du Baroque (Ricardo Boffil, París, 1985) É un barrio de vivendas, é un arquitecto español que sempre soubo orientarse con respecto ao que estaba pasando no ámbito arquitectónico internacional, neste momento está en auge ese postmodernismo e Bofill aproveita os seus contactos persoais políticos para facerse con unha serie de encargos en toda unha serie de cidades residenciais próximas a París, para a construción de enormes barrios de vivenda e neste caso un no propio centro de París, no que se utiliza un planeamento baseado nunha formalización estritamente clásica con figuras perfectamente recoñecibles, con xeometrías vinculadas claramente ao mundo clásico (elipses, circunferencias…) De modo que se forma unha relación entre espazo público espazo privado no que a edificación resultante coa que se materializa esos edificios é cun tono expresivo clásico descontextualizado, é un exemplo do postmodernismo, dunha mala lectura ou mal entendemento dos textos de Venturi. Utilízase unha columna con basa, fuste e capitel; construído con formigón prefabricado e muro cortina; combinación de lenguaxe clásico coa alta tecnoloxía. O intercolumnio non é o mesmo, porque as dimensións dos estares e dormitorios son distintas. As metopas do friso son ventás. Podemos recoñecer dous aspectos positivos, a utilización do material, e certo coñecemento da sintaxe. O problema é que utilizar unha tecnoloxía válida, segura, eficaz…

Entradas relacionadas: