Austrias do século XVII: o goberno de validos e a crise de 1640

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,56 KB

Los Austrias del siglo XVII: el gobierno de validos. La crisis de 1640.

En el século XVII reinaron os chamados Austrias Menores: Felipe III (1598-1621), Felipe IV (1621-1665) e Carlos II (1665-1700). Nestes anos implantouse a monarquía absoluta e as Cortes perderon importancia. A diferenza dos seus antecesores (Carlos I e Felipe II), cuxo goberno foi personalista, estes delegaron as tarefas de goberno no valido, persoa de total confianza do rei, que gobernaba e ostentaba toda a autoridade en seu nome. Felipe III tivo como validos ao Duque de Lerma e posteriormente ao Duque de Uceda. Mantivo a hegemonía hispánica, asinou a Tregua dos Doce Anos con Holanda e a paz con Inglaterra, pero logo decidiu entrar na Guerra dos Trinta Anos xunto ao emperador alemán. En España enfrontouse á expulsión dos moriscos de Castela, Aragón e Valencia e á corrupción do Duque de Lerma. Felipe IV contou co seu valido o Conde-duque de Olivares, que, pretendiu unha política unificadora (Gran Memorial, 1624) impondo as leis de Castela ao resto de territorios peninsulares e o reparto equitativo das cargas fiscais. O Memorial incluía a Unión de Armas, que aspiraba a reclutar homes entre os diferentes territorios da monarquía para afrontar as guerras en Europa.


Todo iso propiciou unha sublevación en Cataluña en 1640, en forma de movemento secesionista, que estalou como protesta contra os aloxamentos dos tercios imperiais. Os segadores iniciaron un gran motín que acabou co asasinato do virrey. Esta crise empuxou aos cataláns a buscar o apoio de Luis XIII; sen embargo, a opresión francesa e a crise económica fixo que Cataluña se rendese ás tropas de Felipe IV en 1652, cando Felipe IV xurou obediencia ás leis catalás. A rebelión en Portugal foi tamén un movemento independentista, contrario aos intereses do Conde-duque pola falta de apoio ante os ataques holandeses en Portugal. Iniciouse en 1640 e finalizou coa proclamación como rei de Xoán IV de Portugal (1644), recoñecéndose a independencia finalmente en 1668, durante o reinado de Carlos II. No exterior, Felipe IV seguiu librando a Guerra dos Trinta Anos e posteriormente a Guerra contra Francia, sendo derrotada en ambas. Carlos II tivo como validos a Nithard e a Fernando de Valenzuela; con el produciuse a independencia de Portugal e o fin da hegemonía de España, creando un problema sucesorio, ao morrer sen descendencia, que desencadeará unha guerra civil que pon fin á casa de Austria e a entrada dos Borbóns en España.

A Guerra dos Trinta Anos e a perda da hegemonía española en Europa.

Dende 1618 a paz europea estaba ameazada por un conflito entre católicos e protestantes, aínda que a relixión foi o pretexto xa que o que estaba en xogo era a hegemonía internacional, ata agora en mans da casa de Habsburgo (austriacos e españoles). A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), comezou como un conflito alemán que enfrontou ao emperador, católico e partidario da unidade do imperio, cos príncipes alemáns, protestantes e defensores da súa autonomía. O enfrontamento (levado a cabo durante os reinados de Felipe III e Felipe IV) internacionalizouse cando o emperador recibiu o apoio de España, e os príncipes alemáns o das potencias inimigas de España: Francia, Suecia, Dinamarca, as Provincias Unidas e Inglaterra. España e o emperador foron derrotados en Rocroi e tiveron que asinar a Paz de Westfalia (1648). Nela, o emperador aceptaba a tolerancia relixiosa e o poder dos príncipes alemáns, e España recoñecía a independencia das Provincias Unidas. Pero Francia e España continuaron loitando algúns anos máis por manterse como primeira potencia. Na Guerra entre España e Francia (1648-1659), durante o reinado de Felipe IV, e tras ser derrotada na batalla das Dunas, España asinou a Paz dos Pirineos (1659), na que cedía a Francia os territorios cataláns do Rosellón e a Cerdaña, situados ao norte dos Pirineos, e pactábase o casamento do rei Luis XIV coa filla de Felipe IV. O escenario de guerra permanente deixou arruinada á monarquía, e ao país nun estado de esgotamento económico. Consagraba así a decadencia da monarquía hispánica e comezaba a hegemonía de Francia en Europa.

Principais factores da crise demográfica e económica do século XVII e as súas consecuencias.

Á crise política do século XVII súmase unha importante crise demográfica: a poboación española reduciuse de 8 a 6 millóns de habitantes, sendo as súas causas as continuas guerras, as malas colleitas, as novas epidemias de peste e a forte emigración a América. A iso hai que engadir a expulsión dos moriscos, decretada durante o reinado de Felipe III (1609), que supuxo a saída de España de 300.000 persoas, despoblando aldeas e privando aos señores de man de obra sumisa e traballadora; afectou especialmente a Valencia, onde os moriscos eran máis numerosos e realizaban importantes tarefas agrícolas. Este feito tamén incidiu no agotamento económico: as continuas guerras provocaron o descenso da produción agraria co abandono e a destrución de campos de cultivo e a diminución da gandaría por mor da peste negra. As riquezas traidas de América no século anterior non se empregaron en promover a industria, que tivo un escaso desenvolvemento, senón en mercar produtos estranxeiros; os mercados exteriores perderonse polo atraso técnico, ocasionando unha menor calidade dos produtos (a industria textil castelá non puido competir cos seus panos de peor calidade), o mercado interno reduciuse polo descenso demográfico e todo iso provocou a crise dos gremios. O comercio con América decaeu debido aos ataques dos piratas ás frotas e á gran extensión do contrabando e do comercio ilegal con outros países, provocando a redución da chegada de metais preciosos de América.

Crise e decadencia da monarquía hispánica: o reinado de Carlos II e o problema sucesorio.

Felipe IV deixou como herdeiro ao seu fillo de catro anos, o príncipe Carlos, por iso dispuxo que fose a súa esposa, Mariana de Austria, reina regente ata a maioría de idade do príncipe. A raíña prescindiu cedo dos conselleiros e depositou a súa confianza no xesuíta austriaco Nithard. A Corte converteuse nunha fervenza de intrigas e loitas polo poder entre os nobres. Ao rematar a rexencia, Carlos II (1665-1700) demostrou unha escasa capacidade intelectual do rei, polo que os validos sucedéronse no poder (Nithard, Valenzuela, don Xoán Xosé de Austria, o duque de Medinaceli) nun crecente clima de inestabilidade política, que se agudizou ao final do reinado, cando se plantexou o problema sucesorio. Carlos II contraeu dous matrimonios, pero non tivo descendencia en ningún deles. Chegouse a pensar que estaba feitizado. Ao finalizar o século, ninguén dubidaba da necesidade de elixir un sucesor para o trono español e foron perfilándose dous candidatos posibles: o arquiduque Carlos de Austria, da rama austriaca dos Habsburgo, e Felipe de Anjou, da casa de Borbón e neto de Luis XIV. Carlos II, pouco antes de morrer, nomeou herdeiro a Felipe de Anjou coa intención de asegurar o apoio de Francia e evitar así a desmembración da monarquía hispánica. Sen embargo, o temor de algunhas potencias europeas (en especial Inglaterra e Austria) á formación dun imponente bloque hispano-francés provocou, tras a morte de Carlos II, a Guerra de Sucesión Española, o primeiro conflito europeo do século XVIII.

Entradas relacionadas: