Avaliación Interna e Mellora do Currículo Educativo
Clasificado en Electrónica
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,46 KB
Avaliación por axentes internos da institución
A mellora do currículo require o compromiso do profesorado. É necesario avaliar tanto os procesos como os resultados para analizar a incidencia dos contidos, os medios, os recursos, os materiais didácticos e as metodoloxías docentes empregadas no proceso de ensino-aprendizaxe.
Vantaxes da avaliación interna
- Permite coñecer o que acontece co currículo desde unha visión máis holística.
- É mellor aceptada polo profesorado.
- Realízana os mesmos axentes que elaboran e executan os plans de mellora.
- Reforza a autonomía intelectual do persoal docente.
Modalidades de estudo
Investigación-acción e avaliación democrática
- Céntranse nos procesos e nos resultados.
- Cuestionan o currículo por obxectivos e a avaliación da aprendizaxe mediante tests.
- Preocúpanse polo desenvolvemento e a mellora curricular en contextos concretos.
- Permiten compartir problemas, inquedanzas profesionais e experiencias innovadoras.
- Deben vincularse á formación do profesorado para garantir a súa continuidade.
- O coñecemento xerado incorpórase aos proxectos institucionais e difúndese a través de redes de centros.
Autoavaliación
Pode realizarse mediante listaxes de preguntas elaboradas externamente ou entenderse como un proceso de mellora do currículo e de desenvolvemento profesional e institucional.
Tipos de avaliación e o seu encadramento
- Do currículo: Pode ser externa, se se avalía segundo o contexto internacional mediante institutos de avaliación doutros países, ou interna, xa que a súa mellora require o compromiso do profesorado da propia institución.
- Do alumnado: Considérase interna, xa que debe centrarse tanto no proceso como no resultado, obxectivo que se acada con maior eficacia desde dentro do centro.
- Da función docente e directiva: É externa, principalmente porque depende da Alta Inspección, que é allea aos membros integrados na comunidade educativa.
- De diagnóstico: É externa. Segundo os criterios de avaliación por axentes externos, a avaliación diagnóstica realízase en determinados cursos de distintas etapas educativas.