Cantigas de escarnio e maldicir
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,01 KB
Cantiga Escarnio e maldicir: Poemas nos que o poeta fai unha critica da sociedade do seu tempo, a través da ironía, hiperbole, burla ou sarcasmo. De Escarnio: Critican de xeito encuberto, con dobres sentidos, xogos de palabras, alusions e eufemismos. De maldicir: Criticase directamente con palabras claras. Orixe: Relacionase co sirventés. Influiu sobre unha poesia oral, satirica ou autoctona, antecesora de cantigas populares. Temas: Satira Politica: Condena a covardia da nobreza cristiá nas guerras contra os musulmans. Falan do conflicto entre Sancho I e o conde de Boloña. Censuran á nobreza e á Igrexa por apoiar o segundo. Sátira Social: Faise burla da penuria sufrida polos infanzóns fachendeandose de ter un estatus social importante que non podian manter, chegando a pasar fame. Sátira sexual: Criticanse certos grupos sociais por ter relacions sexuais(abadesas, cregos, soldadeiras) O vocabulario e procaz. Satira literaria e xograresca: parodianse cantigas de amor e o amor cortés, tamen se cruzan ataques e burlas entre xograres e trobadores pola falta de talento ou a vida libertina. Sátira moral: Entre os temas analizados estan determinados defectos sociais, coma a mentira ou a corrupcion. Caracteristicas: Non hai palabra clave coma na cantiga de amor ou de amigo (amigo, señor) Tenta provocar a risa. Hainas paralelisticas, de refran e de mestria. Recursos estilisticos: Ironia-> Afirmar o contrario do que se pensa. Equivoco-> Xogar co dobre sentido das palabras. Hiperbole-> esaxeracion. A lingua e mais vulgar. Xéneros menores: Tenzón-> Cantiga dialogada entre dous trobadores discutindo. Fano alternativamente, un nunha estrofa e outro na seguinte. Pranto-> Composicion na que se loan as virtudes dun personaxe morto. Só se conservan cinco textos deste tipo, catro deles de Pero da Ponte.