Características dos Procesos Educativos e Educación Infantil

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,54 KB

Características dos procesos educativos

  • Permanente: Ten un carácter de Long Life Learning (LLL).
  • Comunicativo: Entre persoas (mestre-alumno/a), de maneira oral, escrita ou visual.
  • Intencional: Plan de acción con finalidade de transmitir coñecementos, destrezas e habilidades.
  • Intelixente: Permítenos elixir, sopesar opcións, comprender e seguir directrices.
  • De aprendizaxe: Ensinar algo para que a outra persoa aprenda.
  • Optimizador: Orientado a que o alumnado mellore e comprenda o mundo dende o seu punto de vista.
  • Orientado axioloxicamente: A esencia de educar é moralizar, dando unha escala de valores como a cooperación e o respecto.
  • Crítico: Potencia o pensamento crítico e diferencia a educación do adoutrinamento.
  • Integral: Desenvolve o eu persoal (capacidades intelectuais, afectivas, físicas) e o eu social (hábitos, comportamentos, coñecementos culturais).
  • Innovador: Promove o cambio a nivel persoal e social.
  • Funcional: Proceso práctico útil para a vida, para afrontar desafíos e superar dificultades.

Os períodos sensibles de María Montessori

  1. Orde: Do 1º ao 2º ano. Aprenden a clasificar e categorizar experiencias para crear un mapa mental do mundo.
  2. Linguaxe: Dos 2 aos 6 anos. Adquisición da linguaxe mediante a interacción social.
  3. Camiñar: Entre o ano e os 15 meses. Necesidade de explorar mediante o desprazamento.
  4. Aspectos sociais: Entre os 2 e 3 anos. Interese por xogos grupais e adquisición de normas sociais.
  5. Obxectos pequenos: Pasado o primeiro ano, senten atracción por explorar obxectos pequenos.
  6. Aprendizaxe sensorial: Dende o nacemento, o coñecemento adquirese a través dos cinco sentidos.

Principais novidades da educación infantil na LOMLOE

Oferta educativa

  • Incremento progresivo da oferta de prazas públicas no 1º ciclo.
  • Centros 0-6 autorizados pola Administración educativa, combatendo a descompensación socioeconómica e xeográfica.

Obxectivos e principios

  • Novo obxectivo: igualdade de xénero.
  • Principios pedagóxicos: xestión emocional, consumo responsable, sostibilidade e saúde.
  • Compensación das desigualdades socioculturais e económicas.

Avaliación e orientación

  • Prioridade: detección precoz e atención temperá das NEAE.
  • Informe de desenvolvemento ao remate da etapa para garantir a continuidade coa Educación Primaria.

Recursos de atención á infancia en Galicia

Escolas infantís da rede “A Galiña Azul”

Servizo público de atención educativa e asistencial para nenos/as de 0 a 3 anos. Busca a conciliación laboral e a inserción no mercado laboral. Ratios: 1 ano (1/8), 2 anos (1/13), 3 anos (1/20).

Puntos de atención á infancia (PAI)

Establecementos de titularidade municipal en concellos de menos de 5000 habitantes. Ofrecen atención integral onde non existen escolas infantís. Ratio: 1/20.

Casas niño

Recurso de desenvolvemento rural gratuíto para nenos/as de 0 a 3 anos. Atención personalizada na propia casa dunha persoa profesional. Ratio: 1/5 (1/3 en caso de NEAE).

Entradas relacionadas: