Características do Renacemento e Tópicos Literarios na Literatura Renacentista

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,85 KB

Características do Renacemento:

O Renacemento coincide co século XVI. O termo con que se designa a este movemento remite á idea de “renacer”, volver a nacer, despois do que se interpretaba como uns séculos de escuridade: a Idade Media.

Suceden importantes cambios políticos, sociais e culturais. Por unha parte, a consolidación das monarquías europeas trae consigo unha activa vida cultural en torno á corte, de modo que reis e nobres convértense en mecenas que impulsan a produción artística e protexen a pintores, escultores, escritores... Por outra, o desenvolvemento da vida urbana, que xa se iniciara nos últimos séculos da Idade Media e durante o Prerrenacemento, e o incremento do comercio, co descubrimento de novas terras.

Durante o Renacemento triunfa unha nova mentalidade, iniciada xa no século XV, que identificamos co nome de humanismo. Os humanistas recuperan o antigo pensamento de Grecia e Roma e a partir del presentan unha visión idealista do home, do amor e da natureza.

Principais temas da poesía renacentista:

Poesía amorosa, natureza e mitoloxía.

As estrofas renacentistas máis frecuentes compóñense de versos endecasílabos e/ou heptasílabos, e son:

  • Terceto: Estrofas de tres versos endecasílabos que adoitan presentarse en forma encadeada. A rima é consonante. Esquema métrico: ABA BCB CDC…
  • Soneto: Catorce versos endecasílabos distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos. Rima consonante. Esquema métrico: ABBA ABBA CDC DCD (con variante nos tercetos: CDE CDE)
  • Octava real: Oito versos endecasílabos con rima consonante. Esquema métrico ABABABCC.

Diferenza Ascética, Mística e Autores:

  • La Ascética: é o proceso de perfeccionamento espiritual que segue a alma no seu camiño cara a Deus. A literatura ascética ocúpase dos esforzos que o espírito debe realizar para alcanzar a perfección moral. Os escritores ascéticos aconsellan sobre camiños que conducen á salvación: Fray Luis de Granada e Fray Luís de León.
  • La Mística: ten como tema fundamental a unión da alma con Deus, expresada segundo as formas e convencións da lírica amorosa. Trata dos fenómenos indescritibles que experimentan algunhas persoas ao entrar a súa alma en contacto directo con Deus. O máximo exponente artístico foi San Juan de la Cruz.
  • Vía purgativa: Purificación da alma mediante a penitencia. Recházase o mundano. Loita co mundo e consigo mesmo.
  • Vía iluminativa: A alma ilumínase por un saber especial, completamente distinto ao mundano. A alma está disposta a gozar da presenza de Deus.
  • Vía unitiva: A alma funde-se con Deus, producíndose o éxtase ou trance amoroso. O gozo que se alcanza é indescritible.

Tópicos Literarios:

CARPE DIEM (Aproveita o día)

Invitación ao goce dos anos de xuventude (= día) e ao aproveitamento do momento, antes de que o inevitable paso do tempo nos conduza á vexez e á morte.

COLLIGE, VIRGO, ROSAS (Colle doncela, as rosas)

Carácter irreparable da xuventude e da beleza: invitación a gozar do amor (simbolizado na rosa) antes de que o tempo robe os nosos mellores anos.

DONNA ANGELICATA (Muller angelical)

A muller é vista como mensaxeira ou símbolo da perfección espiritual, que pode alcanzarse mediante o amor. Á vez exáltanse certos trazos idealizados de beleza feminina (cabelo louro, pel branca, ollos claros) que seguirán sendo prototípicos durante séculos.

AUREA MEDIOCRITAS (No medio está a virtude)

Desaconsella os extremos porque considera que nos poden levar a vicios ou condutas erradas.

BEATUS ILLE (Ditoso aquel)

Elogio da vida campesina, rural, fronte ao bulicio urbano e cortesán.

LOCUS AMOENUS (Lugar agradable)

Carácter mítico do paisaxe ideal, descrito bucólicamente a través dos seus diversos componentes (prado, regato, árbore...) e relacionado, case sempre, co sentimento amoroso.

Problemas do autor La Celestina e Quen Foi:

Fernando de Rojas. Na carta de “O autor ao seu amigo” (precede á obra mesma) dícese que, estando o autor en Salamanca, caeu nas súas mans o primeiro acto da obra escrito por un autor anónimo; e que tanto lle impresionou que decidiu continuá-lo e rematá-lo.

En que consiste o Humanismo:

É unha corrente filosófica, educativa e filosófica, ligada ao renacemento. Ponse na responsabilidade do propio home para darlle sentido á súa vida, sen nomear unha vida transcendental ou un Deus.

Calisto e Melibea Renovación Linguística:

Caracterízase por ter dezaseis actos e un número e distribución dos textos preliminares e posliminares diferente ao da Tragicomedia. Só se coñecen tres edicións.

A primeira edición que chegou ata nós foi impresa en Burgos en 1499. Trátase dun texto falto da primeira folla, comeza directamente co argumento do Acto I e carece de título, aínda que todo apunta a que levara o de Comedia de Calisto e Melibea, "incipit" e argumento xeral. En 1500 atopamos unha nova edición, impresa en Toledo que engade a "Carta do autor a un seu amigo", as oitavas acrósticas e, ao final, outras seis de Alonso de Proaza, que actuara como corrector de imprenta, nas que afirma que nos versos acrósticos se desvela o nome do autor. En 1501 publicase en Sevilla outra nova edición.

Entradas relacionadas: