Casa Vanna Venturi: recuperación da geometría tradicional

Clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,41 KB

O remate elemento que utiliza un geometría curvilínea que contrasta con as rectilíneas do basamento e xoga coa gran dimensión do oco no que se pode introducir o concepto de escala monumental, porque ese oco non está pensado para ser o oco da planta, senón para ser o remate da fachada. Ademais disto, Venturi vai xogar coa cultura Pop dese tempo, encima da anterior xanela, no centro aparece unha antena de TV que se pinta de dourado, para entender isto temos que pensar como xestiona o lecer, o tempo de estancia dos anciáns no edificio, unha das actividades que lles enche máis horas do seu lecer e outorga sentido á súa vida é ver a TV, esa antena é un elemento que ten un uso específico como instalación e tamén cun carácter social que ao pintala de dourado se fai visible en días de sol e ten unha presenza maior máis que unha simple instalación.

Casa Vanna Venturi (Venturi, Scott Brown Y Asociados, Chesnut Hill, Philadelphia, 1962)

Vivienda unifamiliar para a súa nai, o primeiro que chama a atención é a recuperación dunha geometría que quedara denostada coa modernidade, a cuberta inclinada, non tanto como solución constructiva senón sobre todo porque unha planta rectangular desde o momento que utilizamos unha cuberta a dúas augas, fai que automaticamente se diferencien os alzados dous a dous pola presenza do triángulo ou frontón. Nesta casa recupérase esa idea e reinterpreta ata tal punto que non se pecha no vértice superior senón que queda interrompido por un oco que enlaza de novo unha composición jerárquica, enlaza co oco que dunha maneira clara nos marca a entrada, entrada cuxa porta non vemos, pero que si nos marca por sombras nun xogo dimensional de ocos superpostos menor e maior anchura ou en orde inverso (dous ocos de anchura diferente que dependendo cal sexa a posición dun deles (estreito-ancho; ancho-estreito) xera dúas situacións distintas). A partir dese construción volumétrica que nos define unha simetría primaria podemos observar como os ocos que aparecen na fachada principal responden a unha simetría de masas, unha simetría de peso, cheo-baleiro, é dicir, o nº de xanelas dun lado e ao outro é o mesmo, a ambos lados hai 5, e esos 5 pódense dispoñer nunha matriz de 5x1 ou 1x1 e 2x2 en matrices cadradas. Este tipo de simetrías compensadas xa aparecen en obras anteriores, se observamos a planta de LC para Chandigarh percíbese que dependendo da masa do edificio, a súa dimensión, así se afasta máis ou menos do eixe en torno ao cal se articula, para establecer un equilibrio de masas nunha posición planimétrica que fuxe da simetría inmediata. A maiores atopámonos con uns elementos de carácter icónico que non teñen máis que a intención de evidenciarse como elementos de carácter plástico, como o dintel sobredimensionado pero que sen embargo forma parte da expresión do alzado. Tamén a moldura a modo de arco que xera unha pequena sombra, así como as impostas que lle permiten definir a parte inferior do oco, é dicir, é a liña sobre a que apoia as xanelas, e ao mesmo tempo é a liña que parte a xanela grande. Atopámonos cunha vivenda unifamiliar que de súpeto se recuperou un montón de atributos que caracterizaran ás vivendas tradicionais, a aqueles edificios de cuxa lectura, cuxo análise inmediato da súa forma se deducía o seu carácter, recuperamos o poder de significación da forma, unha casa familiar é unha casa contemporánea.

Entradas relacionadas: