Ciencias Sociais: Conceptos, Entorno e Teoría das 3 Velocidades

Clasificado en Informática

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,72 KB

Ciencias sociais

Conxunto de coñecementos organizados en base a teorías que son comprobables mediante un método. Son sociais porque o centro deste conxunto de saberes son as relacións humanas.

Obxectivo

Dotar aos nenos de capacidades que lles permitan reproducir esas estruturas de convivencia baixo dous conceptos:

  • Autonomía: reproducilas con liberdade para escoller.
  • Igualdade: igualdade de oportunidades, entendida polo respecto á diversidade.

Contorno

Definición

Conxunto de elementos que compoñen a realidade social, que se relacionan entre si nun sistema aberto e que tenden ao equilibrio.

Factores

Existen dous tipos de factores:

Os factores humanos

Están constituídos por elementos sociais (familia, traballo, amizade), elementos políticos (escola, institucións, cultura) e elementos económicos (economía).

Os factores físicos

A súa vez poden ser de dous tipos: bióticos/animados (fauna, flora, vilas, cidades) ou abióticos/inanimados (rochas, montes, clima).

Ambos os dous factores se relacionan entre si. É tan importante o primeiro como o segundo. Para que o contorno sexa realmente un contorno, todos os seus elementos deben estar relacionados e interrelacionados entre si, é dicir, organízanse nun sistema aberto.

Compoñentes

Hai dous:

  • Entorno físico e natural: aquilo que nos dá o planeta e que carece de intervención humana. Dentro deste entorno distinguimos os bióticos (teñen vida) e os abióticos (sen vida).
  • Entorno social e cultural: está presente a humanización (construcións humanas). Dentro deste distinguimos dous elementos: os sociais (construcións, obxectos, formas de convivencia... que xorden dunha "construción humana" que nos serve para organizarnos) e os culturais (son eses mesmos elementos sociais envoltos ao longo do tempo).

Teoría das 3 velocidades

As ciencias sociais móvense a tres velocidades distintas:

  • Sociedade: é o movemento máis rápido. Transformamos a realidade de forma rápida grazas á facilidade do avión, as redes sociais... No século XIX os cambios eran máis lentos, agora non. É a velocidade máis rápida, a que nós mesmos construímos.
  • Ciencia e cultura: é a segunda velocidade. Son os primeiros estamentos en filtrar o que acontece nunha sociedade. Os artistas son os primeiros en filtrar os acontecementos ocorridos. Aquí se inclúen os medios de comunicación.
  • Escola: é a terceira velocidade. Tárdase moito en levar á escola o ocorrido na sociedade. Os actos sociais pasan por moitos filtros para chegar á escola. O sistema educativo é moi ríxido e é complicado modificalo. Hai intereses externos.

Catro causas

  • Compoñente ideolóxico: o sobreprotecionismo cos nenos (hai cousas que non deben saber).
  • Organización do sistema educativo: é moi ríxido, polo tanto é moi difícil de modificar.
  • Existencia de elementos no sistema: editoriais, pais, colexio... (teñen intereses externos).
  • Decisión final: en última instancia, a decisión de incorporar os cambios é só decisión do profesor, e non pode limitarse á boa vontade dun mestre.

Cambio fráxil 1920-1950: Escola Nova ou Activa, Xeografía Posibilista/Rexional, Institución Libre de Ensino, Aprendizaxe Útil e Metodoloxía

No ano 1875 apareceu un decreto chamado Orovio que dicía que os mestres na escola non podían ter liberdade de cátedra. Ademais, o decreto impulsaba un tipo de educación baseada nos dogmas da fe. Isto suscitou unha disputa entre persoas que estaban a favor do decreto (as persoas a favor da relixión) e as que estaban en contacto con América do Norte.

Neste último destacou Giner de los Ríos, profesor universitario, pedagogo e educador. Abandonou a Universidade porque non estaba de acordo co sistema educativo do decreto. Creou a Institución Libre de Enseñanza (ILE), o momento de desenvolvemento didáctico máis importante dos últimos séculos en España. Moitos dos métodos da ILE están a ser agora considerados métodos innovadores. A ILE existiu desde 1876 ata 1936.

Innovacións didácticas

Incorpora a ILE e que chegan ata os nosos días (finais do século XIX, principios do século XX). Non hai unha rede de mestres e escolas. Isto funciona grazas a un grupo de persoas.

Características:

  1. Universalidade do ensino: todas as persoas teñen dereito á educación, independentemente do seu xénero. Isto ten unha profunda raíz democrática ao entender o ensino como un dereito, non como un privilexio.
  2. Aconfesionalidade: a educación debe ser laica. Coñecemento baseado na ciencia e non en dogmas da fe (isto era moi revolucionario na época).

Entradas relacionadas: