A comunicación humana: linguaxe, lingua e fala

Clasificado en Informática

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,51 KB

1. A comunicación

A comunicación non é un fenómeno exclusivamente humano; moitas especies animais dispoñen de sistemas para comunicarse cos seus semellantes e mesmo poden recibir información doutros.

Os seres humanos son os únicos que poden expresarse a través de símbolos, verbais e non verbais.

A comunicación humana ten como forma fundamental a linguaxe verbal (oral e escrita) e por iso se denomina comunicación linguística. Pero existen tamén sistemas non verbais que empregamos para transmitir información, denominados paralinguísticos e extralinguísticos.

Tipos de comunicación

  • A comunicación linguística: a comunicación oral emprega a canle acústica para transmitir as mensaxes orais. A comunicación escrita non é unha simple tradución da lingua oral, pois existe un proceso de formación e práctica, e posúe regras específicas.

Ademais da comunicación oral e escrita, existen sistemas substitutivos:

  • A comunicación paralinguística: establécese por medio de sinais orais que complementan a expresión verbal, como son a calidade da voz, a entoación... Básease no uso non lingüístico da canle oral (negrita, maiúsculas, emojis...).
  • A comunicación extralinguística: é a comunicación non verbal. Consiste na transmisión de información mediante a expresión facial, os xestos, as posturas corporais...

2. A linguaxe humana

Linguaxe: capacidade dos seres humanos para comunicarse por medio de signos lingüísticos orais e escritos (linguaxe verbal). A linguaxe sería unha capacidade propiamente humana, que se manifestaría a través das linguas, que identifican as distintas comunidades culturais.

Lingua: cada unha das manifestacións concretas da linguaxe que se sitúa nun tempo e nun lugar determinado.

Fala: utilización que cada membro dunha comunidade fai da súa lingua.

3. Ruído e redundancia

Ruído: calquera perturbación que impide ou dificulta o acto comunicativo. Aféctalle a calquera dos elementos da comunicación (exemplo: erros ortográficos).

Redundancia: unha parte da mensaxe, prescindible para a interpretación, pero necesaria para contrarrestar o ruído:

  • Os esixidos polo propio código.
  • Os introducidos polo emisor.

A redundancia empregada en exceso chega a converterse en ruído.

Entradas relacionadas: