Conceptos básicos de informática
Clasificado en Electrónica
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,17 KB
1. Informática
É o tratamento automático da información mediante o computador.
2. Composición dun sistema de computación
Está formado por:
- Hardware: O equipo físico (chasis, teclado, etc.).
- Software: O sistema operativo (SO), que guía o computador sobre como operar, e os programas que realizan diferentes funcións.
3. Periféricos
Son dispositivos externos conectados ao computador que permiten a entrada e saída de información. Clasifícanse en 4 tipos:
- Entrada
- Saída
- Entrada/Saída
- Almacenamento
4. Sistema informático ou computador
O sistema encárgase de recoller datos, procesalos e transmitir a información. A súa función básica é a execución dun programa, que consiste nun conxunto de ordes.
5. Linguaxe do computador
A linguaxe utilizada é o binario. Cada carácter represéntase en bits mediante un conxunto de 8 díxitos (0 e 1).
6. Unidades de medida de almacenamento
A unidade básica é o byte. Loxicamente, cantos máis bytes, maior capacidade de almacenamento.
7. Unidades de velocidade de transmisión
Exprésase mediante bytes/s. Tamén se utiliza a unidade de frecuencia, expresada en Hz.
8. Ciclo de frecuencia e buses
O ciclo de frecuencia é a serie de operacións necesarias para procesar unha instrución. A velocidade do procesador mídese en MHz.
Tipos de buses:
- Bus de datos: Transporta a información dun sitio a outro mediante sinais binarios.
- Bus de direccións: Transporta os bits que elixen a posición da memoria.
- Bus de control: Xestiona o uso e acceso á liña de datos e o fluxo de información.
9. Que é ATA?
É un bus estándar para conectar dispositivos como unidades de lectura e discos duros.
10. Que é SATA?
É a evolución do ATA. Usa un cable con menos condutores, un conector máis pequeno e transmite datos máis rápido.
11. Tamaños de chasis
Os formatos inclúen: torre, sobremesa, netbook, minitorre, semitorre, rack e barebone.
12. Fonte de alimentación (AC)
Converte a corrente alterna en continua, cambiando a tensión de entrada de 220V a saídas de 5V e 12V. Tipos: ATX 12V, compatible de 4 pines, conectores Molex, SATA, PCI-Express, Berg.
13. Factor de forma da placa base
É a relación entre o tamaño e a forma da placa. Tipos: AT, ATX, Mini/Micro/Nano/PicoATX, LPX, NLX, BTX.
14. Ranuras de expansión
Permiten a comunicación con periféricos a través de slots. Tipos: PCI-Express, AGP, ISA, SIMM e DIMM.
15. Que é o chipset?
O NorthBridge fai de enlace entre o microprocesador, a RAM, PCI e AGP. Comunícase co SouthBridge, que xestiona os dispositivos de entrada/saída e funcións de baixa velocidade.
16. Memoria ROM
É unha memoria de só lectura; a información non pode ser modificada. É esencial para o arranque e o funcionamento básico do computador.