Conceptos clave de xeografía urbana e economía

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,59 KB

Área metropolitana

Rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades-dormitorio, industriais, comerciais e de servizos, todo organizado de xeito centralizado.

Área suburbana

Termo da xeografía urbana empregado para designar as zonas residenciais da periferia urbana ou extrarradio.

Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU)

Instrumento de ordenación integral do territorio. Contén:

  • A clasificación do solo.
  • A definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio (como poden ser fixar os espazos libres, de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación, etc.).
  • O desenvolvemento, execución e vixencia do plan.

Xentrificación

Proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra de maior nivel adquisitivo. O termo é un neoloxismo que procede do inglés gentrification. Tamén se coñece este proceso como aburguesamento.

Balanza comercial

Rexistro das exportacións e importacións dun país durante un período de tempo. O saldo da mesma é a diferenza do valor monetario destas exportacións e importacións:

  • Se o valor das exportacións é maior que o das importacións, a balanza comercial é positiva.
  • Se o valor das importacións é maior que o das exportacións, a balanza comercial é negativa.

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven de maneira subrepticia e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais, e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da poboación segundo os países.

Taxas aeroportuarias

Cantidade de cartos que pagan as compañías aéreas aos aeroportos polo uso dos seus servizos, tales como o embarque e o desembarque de pasaxeiros ou mercadorías, ou a repostaxe ou o mantemento das aeronaves.

Franquía

Concepto de mercadotecnia (marketing) que pode ser adoptado por unha organización como unha estratexia para expandir un negocio. Nas franquías, o franquiciador fornece un saber-facer (know-how), procedementos, propiedade intelectual, uso do modelo de negocio, marca e dereitos para vender uns produtos e servizos ao franquiciado. A cambio, o franquiciado paga un canon ou cantidade e acorda cumprir con certas obrigas que se adoitan especificar no acordo de franquía.

Entradas relacionadas: