''o coñecemento teorico''

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,59 KB

-Percepción: facultade de coñecmento que nos pon en contacto coa realidade e permítenos construír representacións desta a partir dos datos que nos proporcionan os nosos sentidos.

-Memoria: facultade de coñecemento que nos permite reter e recordar nun futuro as imaxes que a percepción nos proporciona posibilitando o aprendizaxe e a construción da nosa propia identidade.

-Imaxinación: capacidade de representar mentalmente situacións que non existen. Hai dous tipos:

·Reprodutora: representa a realidade.

·Creadora: recrea un mundo diferente ao real.

-Intelixencia: é a capacidade que nos permite procesar a información e comprendela.

-Abstración: proceso que nos permite pasar do coñecemento dos obxectos concretos que nos proporciona a percepción a un coñecemento máis xeral.

-Racionalismo: corrente filosófica segundo o cal o coñecemento non pode basearse na experiencia, é dicir, dos datos percibidos polos sentidos. O coñecemento é verdadeiro só cando parte da razón.

-Empirismo: corrente filosófica segundo o cal todo coñecemento parte da experiencia, é dicir, dos datos que nos proporcionan os sentidos.

-Criticismo: corrente filosófica segundo o cal todo coñecemento comeza na experiencia, pero non todo coñecemeto procede da experiencia.

-Nóumeno: aquelo que queda máis aló da nosa capacidade de percepción, obxecto en sí.

-Fenómeno: concepto de Kunt, aquelo que podemos percibir a través das estruturas apriorísticas do coñecemento e dos datos da experiencia, é dicir, o obxecto.

-Excepticismo: corrente de pensamento dos que negan que a verdade se pode coñecer e comunicar.

-Dogmatismo: corrente de pensamento que afirma que a verdade é absoluta, universal, obxectiva e única. Ademais pódese coñecer e comunicar.

-Relativismo: corrente de pensamento dos que afirman que a única verdade que se acepta é a subxectiva. Existen tantas verdades como subxectividades.

-Perspectivismo: corrente de pensamento dos que afirman que a verdade é o resultante dun construto levado a cabo polo conxunto de divisións subxectivas dadas no diálogo racional.

-Certeza: seguridade que temos sobre os nosos coñecementos.

-Mecanicismo: concepción que xorde na modernidade segundo a cal o mundo ou a realidade é concevida como unha máquina, é dicir, é percibido como un corpúsculo dotado de extensión e movemento.

-Conceptos: termos específicos de cada ciencia que teñen que estar perfectamente definidos.

-Hipótese: proposición ou enunciado que se refire a un ámbito da realidade e ainda non foi demostrada ou verificada. Cando unha hipótese é corrubadora convíertese nunha lei.

-Lei: enunciado básico do coñecemento científico.

-Teoría: conxunto de leis científicas interconectadas que explican un ámbito da realidade máis amplo co dunha lei.

-Método: procedemento a seguir para chegar a un coñecemento considerado científico.

-Método indutivo: método segundo o cal alcanza unha tese xeral a partir dun conxunto de casos concretos.

-Método dedutivo: método segundo o cal partindo dunha proposición xeral seguindo unha cadea de razoamentos lóxicos chegamos a unha proposición concreta.

-Método hipotético-dedutivo: método segundo o cal partimos dunha proposición que non está verificada e seguindo unha cadea de razoamentos lóxicos inténtase demostrar na constratación experimental.


Entradas relacionadas: