A consolidación dos Estados Unidos (1789-1825)

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

Os anos de consolidación: 1789-1825

Tras a proclamación da independencia, os 13 estados norteamericanos iniciaron unha difícil tarefa que consistiu, nun primeiro momento, en consolidar un novo modelo político, asentar unha economía forte e administrar os territorios que se irían unindo á confederación.

Os diferentes estados enfrontábanse a unha situación inestable. Parte dos americanos avogaban por seguir entablando relacións cos ingleses; en sentido contrario, había voces que defendían unha plena autonomía fronte a Europa.

O debate político: Federalistas vs. Antifederalistas

Existía unha división entre os federalistas, que querían un sistema de goberno federal, e os antifederalistas, que defendían un goberno centralizado. Para dirimir estas cuestións constituíuse en 1781 o Congreso da Confederación, un órgano de goberno formado por delegados de cada estado, que se prolongou ata 1789.

A Constitución e a abolición da escravitude

Durante este proceso estableceuse a Constitución norteamericana, baseada nos Artigos da Confederación, o texto fundacional das trece colonias. No arduo debate para redactar a carta magna, tratouse a cuestión da escravitude:

  • No Sur: Non puido ser abolida.
  • No Norte: Argumentouse que a liberdade era un atributo de todo ser humano, polo que se aboliu.

Tamén se aprobou que a conquista dos estados do Oeste fose unha empresa nacional e non formulada por cada estado individualmente.

O sistema republicano e a era de Washington

En 1788 ratificouse a Constitución dos Estados Unidos, adoptando un sistema republicano confederal con división de poderes:

  • Lexislativo: Congreso bicameral (Cámara de Representantes e Senado).
  • Executivo: Presidente do goberno (mandato de 4 anos).
  • Xudicial: Tribunal Supremo de Xustiza.

O mandato do primeiro presidente, George Washington (1789-1797), orientouse a dotar de mecanismos políticos e económicos á nacente nación. Washington rodeouse de figuras clave como Alexander Hamilton (Secretario de Tesouraría) e Thomas Jefferson (Secretario de Estado).

O xurdimento dos partidos políticos

Durante este período consolidouse a política partidista:

  • Partido Federalista: Liderado por Hamilton, partidarios do poder federal.
  • Partido Republicano Democrático: Antifederalistas, defensores da autonomía dos estados.

As razóns destas formacións foron a expansión cara ao Oeste, o crecemento demográfico e o marco constitucional. A política americana destas primeiras décadas estivo dirixida polos grandes propietarios e os ricos comerciantes.

Entradas relacionadas: