Crítica de Hume ao coñecemento metafísico

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,46 KB

Hume rechaza o coñecemento metafísico, en especial os conceptos de sustancia, alma, deus e a existencia do mundo exterior.

A idea de sustancia será válida se existe unha impresión de sustancia. A sustancia non é unha cor, un sabor, un cheiro, etc., o que percibimos son as cualidades da sustancia, pero non a sustancia mesma. A idea de sustancia é unha idea falsa, porque non lle corresponde ningunha impresión. A idea de sustancia a produce a imaxinación para permitirnos recordar un conxunto de ideas simples.

Tendemos a crer na existencia de corpos independentes das nosas impresións.

Que as nosas impresións están causadas por obxectos, aos que reproducen fielmente.

As impresións están dentro de nós e os obxectos existen fóra de nós.

Para Hume estas creencias son falsas.

A nosa mente só pode coñecer as nosas impresións e non pode ir máis alá delas.

Aplicar a causalidade para demostrar que as nosas impresións están causadas por obxectos externos é unha aplicación ilexítima. Só podemos aplicar a causalidade ás nosas impresións.

Ao supoñer a existencia de obxectos estamos duplicando a realidade das impresións, atribuíndolles cualidades que non teñen, como a independencia e a continuidade.

A creencia na existencia independente de obxectos externos débese á imaxinación, e á constancia e coherencia das impresións.

Esta creencia non ten xustificación pero é imposible eliminala na vida cotiá.

Para a metafísica o alma é unha sustancia simple e inmaterial, é a causa de toda a miña actividade mental, percepción, razoamento, memoria, etc., e é o fundamento da miña identidade persoal.

Hume rechaza a idea de sustancia como vimos. Ademais carecemos de impresións constantes e invariables das que poidamos extraer a idea de min ou de alma. No noso interior só atopamos impresións particulares, non podemos captarnos a nós mesmos.

Se suprimimos as percepcións. Por exemplo, durante o sono profundo, perdemos a conciencia de nós mesmos. A mente é unha especie de teatro no que se presentan diversas percepcións. Pero non sabemos onde está o teatro nin de qué materiais está feito. As percepcións son o que constitúe a mente.

A memoria permítenos recordar unha sucesión de impresións, que atribuímos a un suxeito, porque confundimos a idea de sucesión coa de identidade.

Unha vez rechazada a idea de alma, non ten sentido plantexarse a súa inmortalidade.

Hume considera que non pode demostrarse racionalmente a existencia de deus, tendo en conta a súa crítica ao concepto de causa e de sustancia. É inútil partir das características dunha sustancia, aínda que sexa a sustancia infinita, pois a idea de sustancia é falsa e non se pode deducir dela a existencia de deus, como pretende o argumento ontolóxico.

Os argumentos que se basan na causalidade non son válidos, porque fan un uso ilexítimo do principio de causalidade, xa que só se pode aplicar á experiencia e non temos experiencia de deus.

O único argumento con algunha validez, baséase na orde que descubrimos no Universo e leva á existencia dunha causa intelixente que puxo orde no caos.

Esta proba tamén fai un uso ilexítimo do principio de causalidade e ademais atribúe á causa máis características das que son necesarias para explicar a orde do Universo. Esta proba só demostra a existencia dunha intelixencia ordenadora, non demostra que exista un ser todopoderoso.

Entradas relacionadas: