Delimitación conceptual dos usos sociais e a súa relación co dereito e a moral

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,59 KB

DEREITO Y USOS SOCIAIS

1. Delimitación conceptual de los usos sociais

En nosa vida cotiá reiteramos comportamentos que non están suxeitos a ningún imperativo moral ou xurídico. Efectivamente, diariamente nos despertamos a unha hora determinada, desayunamos, lemos a prensa, saudamos aos coñecidos pola rúa, etc. En ningún caso nin o dereito nin a moral prescriben esta forma de actuar, sen embargo, os nosos comportamentos parecen responder a un modelo programado. Algúns destes comportamentos é o propio individuo o que ten a liberdade de leválos a cabo ou non, sen embargo, outras teñen unha certa vontade colectiva que intenta impoñerse a través de normas sociais. Certo é, que tales hábitos impostos polas propias persoas que os levan a cabo e que non teñen unha finalidade trascendente, diminúen o sentido normativo ou obrigatorio dos mesmos. A reiteración de condutas reflicte a existencia dunha vontade colectiva que invita ao individuo a comportarse axustándose ao modelo que ela prescribe. De aí que non exista dúbida do carácter normativo destes hábitos.

Podemos dicir que os usos sociais non normativos son aqueles hábitos que carecen de carácter vinculante e que, aínda recoñecendo a súa dimensión social, os apartamos do concepto de usos sociais. O que proporciona por tanto identidade aos usos sociais, é o seu orixe normativo na sociedade e non a súa discutible dimensión social.

Podemos identificar nos usos sociais as seguintes notas características:

  • Se reflicten nunha reiteración de comportamentos que se manifestan no trato social.
  • Traducen unha esixencia normativa.
  • O seu orixe normativo radica na propia sociedade, que impón o comportamento en cuestión.
  • Como tal esixencia normativa incorpora sancións para os supostos incumprimentos, aplicadas polo conxunto da sociedade.
  • A forza vinculante do seu uso, mide tras a sanción social que a colectividade decida atribuír ao seu incumprimento.
  • Os usos sociais adoptan a forma externa do modelo de comportamento prescrito.
  • Os usos sociais presentan un ámbito de vixencia variable, non é o mesmo que se aplique en grupos sociais grandes que máis pequenos.

2. A calificación normativa dos usos sociais

2.1. Os posicionamentos contrarios á identificación dos usos sociais como sector normativo autónomo

Identificar os usos sociais como sector normativo autónomo, ao igual que o dereito e a moral non foi unha tarefa pacífica. Giorgio del Vecchio, para el só existen dous tipos de obrigacións:

  • Unilaterais ou subxectivas.- Derivan da relación do individuo consigo mesmo.
  • Bilaterais u obxectivas.- Reflicten a relación do suxeito con polo menos outro individuo, onde o dereito dunha das partes tería relación co deber da outra e viceversa.

En referencia á tese de Gustav Radbruch, poderiamos argumentar, que o dereito en moitas ocasións, representa unha contradición consciente entre a conduta externa e o sentimento interior. Conforme podemos aceptar que unha acción contraria aos usos sociais establecidos, pode supoñer ao individuo unha consecuencia desfavorable, como di Legaz Lacambra, non podemos aceptar igualmente, que unha mera coincidencia das obrigacións sociais coas xurídicas, fagan desaparecer o carácter autónomo dos usos sociais.

2.2. A crítica das teses negadoras da autonomía normativa dos usos sociais

A referencia destes autores resulta rebatible se temos en conta o seguinte:

  • Cando Giorgio del Vechio di que o dereito establece obrigacións obxectivas e a moral obrigacións subxectivas, nós non debemos esquecer que outros órdenes normativos coinciden co dereito ou coa moral, ou parcialmente con ambos.
  • En referencia á tese de Gustav Radbruch, poderiamos argumentar, que o dereito en moitas ocasións, representa unha contradición consciente entre a conduta externa e o sentimento interior.

3. As liñas de demarcación dos usos sociais fronte á moral e ao dereito

3.1. A distinción entre os usos sociais e a moral

A primeira das diferenzas estriba, en que os usos sociais non manifestan unha relación tan directa coa idea do ben como o fai a moral. Os usos sociais non requiren a conformidade do individuo co modelo de conduta demandado, mentres que a moral se identifica como tal cando o individuo acepta a pertinencia do deber que implica. Os usos sociais preséntanse como esixencias válidas para un momento determinado, mentres que a moral pretende ser unha obrigación para todo tempo e lugar. Por último, a sanción derivada polo incumprimento dunha obrigación moral ven impoñida polo propio individuo, mentres que o incumprimento dunha obrigación de uso social, a impón a propia colectividade.

3.2. A distinción entre os usos sociais e o dereito

En xeral, admítese na doutrina xurídica o carácter autónomo dos usos sociais e por suposto do dereito, sobre a base de algúns elementos diferenciais:

  1. A especifidade da materia regulada.
  2. O orixe das normas.
  3. O grao de pretensión de validez das normas.
  4. A estrutura lóxica das normas.
  5. A forma de manifestación.
  6. A especifidade da sanción que comporta a desobediencia ás normas.

4. As relacións entre o dereito e os usos sociais

A relación entre o dereito e os usos sociais non responde a moldes cerrados nin preconcebidos. O que é requirido na actualidade polas normas xurídicas atopábase anteriormente regulado polos usos sociais, ou que determinados usos sociais pasan a convertirse co transcurso do tempo en auténticas esixencias xurídicas. Así será o dereito quen determine cales son os modelos de conduta que estime merecedores da súa regulación, constituíndo o resto de comportamentos o ámbito de actuación dos usos sociais.

Esto non implica que o dereito se reserve en exclusiva a competencia sobre certas materias, pois nada impide que haxa condutas que merezan a regulación de ambos órdenes normativos. En este caso plantéxanse dúas opcións: ou ben unha coincidencia de pautas de comportamento prescritas polo dereito e os usos sociais, ou ben un conflito entre as solucións que ofrecen tales regulacións.

Muchos progresos sociais se produciron cando o dereito renovou convencionalismos sociais obsoletos, adaptándose á vida práctica e aos sistemas e valores da época. A legitimación democrática do dereito esixirá a aceptación deste por parte dos seus destinatarios, iso provocará, a paulatina modificación das súas ancestrais costumes para adaptarse a normas xurídicas.

Entradas relacionadas: