O derrubamento do estado republicano e o desencadeamento da revolución social

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,34 KB

O derrubamento do estado republicano

Para atallar a sublevación o goberno republicano de José Giral tivo que organizar unha forza militar, para iso entregou armas ás milicias de partidos e sindicatos. En consecuencia, no territorio republicano emergiu unha estrutura de poder popular, pois era a única forza armada.

En verán e outono de 1936, o poder do Estado sufriu un desplome case total e foi substituído por organismos revolucionarios. Así, xurdiron consellos, comités e xuntas. En algunhas zonas, os comités unificáronse para formar Consellos Rexionais (Valencia, Madrid). Foi especialmente importante a creación do Comité Central de Milicias Antifascistas en Cataluña. Ese comité chegaría en poucas semanas a un entendemento cos partidos políticos cataláns e reconstituiríase o poder da Generalitat.


O desencadeamento da revolución social

En territorio que permaneceu fiel á República, o alzamento militar provocou a extensión dun clima revolucionario constituído por campesiños e obreiros vinculados a organizacións da esquerda revolucionaria. Así, unha vez sufocada a rebelión, sentíronse legitimados para impulsar cambios sociais.

O elemento máis significativo da revolución social foi a colectivización de gran parte da propiedade industrial e agraria. Os comités fixéronse co control destas, da dirección de empresas en réxime de autogestión. Entre finais de xullo e 1º de outubro, unha serie de decretos, tanto do goberno central como da Generalitat, deron cobertura legal ás incautacións de industrias e terras por organismos populares. No campo, as expropiacións de fincas e ocupacións estenderonse.
En os primeiros meses da guerra desencadeouse na zona republicana unha resposta popular espontánea contra todo o que parecía sublevado, iniciouse unha persecución descontrolada. Saqueos e incendios de igrexas, requixas de bens e propiedades particulares. Tamén foron asasinados políticos como José Antonio Primo de Rivera, moitos dos perseguidos foron ao estranxeiro ou pasaron á zona sublevada.
As experiencias de autogestión, a autonomía das columnas de milicianos, estiveron impulsadas polo sector máis radical do anarcosindicalismo (CNT-FAI) e o POUM. O resto de forzas políticas reclamaron a necesidade dun poder estatal forte.

Entradas relacionadas: