O desenvolvemento económico en España nos anos 60

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,12 KB

Entre 1959 e 1969 produciuse un forte parón económico: caída de salarios, de prezos e do consumo. Conseguíronse os obxectivos de redución do déficit e de acumulación de capitais, e a partir de 1961 comezou o proceso de relanzamento. A economía española creceu a un ritmo altísimo, que se basou sobre todo no aumento do sector industrial e de servizos, e propiciou un profundo cambio na sociedade española.

A expansión industrial baseouse nos baixos salarios e na masiva chegada de investimentos estranxeiros. Tamén a tecnoloxía procedía do estranxeiro: importacións de bens de equipo e de enerxía, petróleo.

O crecemento da industria produciu unha intensa emigración de man de obra campesiña cara ás grandes cidades. Outros moitos buscaron traballo en Europa. O resultado foi a alza de salarios no campo que impulsou a mecanización do campo. A modernización agrícola e o despoboamento do interior foron fenómenos paralelos.

A balanza de pagos deixou de ser deficitaria pola entrada masiva de turistas, que chegaban a cubrir o 80% do déficit comercial. As investimentos estranxeiras e as aportacións dos emigrantes, que enviaban boa parte das súas ganancias en Europa para o mantemento das súas familias.

A partir de 1963, o Goberno intentou regular o crecemento mediante os chamados Planes de Desenvolvemento: en períodos de tres anos conseguir unha serie de obxectivos de crecemento en sectores clave, mediante incentivos fiscais e axudas estatais. Creáronse os polos de desenvolvemento para promocionar a instalación de novas industrias e así xerar emprego en zonas deprimidas. O resultado foi decepcionante.

O crecemento económico español entre 1961 e 1973 foi elevado e constante, e significou unha profunda transformación no tecido produtivo e a apertura do exterior. O crecemento foi posible grazas á expansión da economía mundial. Houbo investimentos estranxeiros e divisas a través do turismo, e emprego para os emigrantes españoles. A crise da economía mundial de 1973, derivada do alza dos prezos do petróleo, afectou xa de forma profunda a España, detendo bruscamente o crecemento.

Entradas relacionadas: