Desenvolvemento de habilidades perceptivas, motoras e cognitivas na lecto-escritura

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,06 KB

HABILIDADES PERCEPTIVAS:

Habilidade auditiva

Habilidade visual:

  • Fijaciones: procesamento de información, es decir palabras que procesamos.
  • Movimientos sacádicos: Movimento que realiza o ollo para percorrer as follas.
  • Barridos de retorno: cambiar de liña.

Habilidade espacial:

Orientación espacial: capacidade para recoñecer onde está a dereita ou a esquerda, é dicir a direccionalidade da lectura.

Estructuración espacial: capacidade para percibir diferentes partes do todo e recompoñelas, distinguir palabras longas de curtas...

HABILIDADES MOTORAS:

Lateralidade:

É o predominio funcional dun lado do corpo humano sobre o outro.

Predominancia cruzada:

A man e o ollo dominante non coinciden. Non van coordinados.

Incompleta:

A preferencia non é completa. En función da tarefa prefire unha man ou outra.

Ambidextrismos:

Ambas partes por igual.

Habilidades motrices:

  • Posición e movementos corporais: Saber coller o instrumento de escritura con precisión. Saber colocar o corpo de maneira idónea. Saber sentarse para escribir.
  • Saber desprazar a man e o brazo con precisión polo papel. Saber presionar co lápiz enriba do papel.
  • Movimento gráfico:
    • Copiar e reproducir a forma dunha letra.
    • Distinguir o corpo da letra do enlace.
    • Saber relacionar alfabetos de maiúsculas e minúsculas.
    • Aprender a respetar a disposición da letra.
    • Adquirir a velocidade suficiente de escritura.
    • Adquirir o ritmo caligráfico adecuado.
    • Desenvolver os sentidos da dirección e proporción.

HABILIDADES COGNITIVAS:

As habilidades cognitivas necesarias para un correcto desenvolvemento do proceso lecto-escritor son:

  • Capacidade de memorización, tanto a curto prazo como a longo prazo.
  • Conocementos paralingüísticos: espazos en branco, dirección do texto...
  • Conocementos textuais
  • Conocementos sobre o mundo.
  • Realización de actividades para o procesamento da información, nas que o cerebro descompona a información que lle chega para entender o que se está lendo.
  • Actividades léxico/fonolóxicas: significado das palabras segundo os dicionarios.
  • Actividades sintácticas: Como se relacionan as palabras do texto.
  • Actividades pragmáticas: significado das palabras no texto.

CANDO ENSINAR A LER E ESCRIBIR (MADUREZ LECTO-ESCRITORA): TEORÍA BIOLOGISTA:

La teoría biologista considera que o aprendizaxe lecto-escritor debe iniciarse a partir dos 6 anos de idade porque é cando teñen desenvolvidos os prerrequisitos necesarios (neurolingüísticas e motrices) e coincide co momento que comeza a educación.

Súa postura consiste en esperar e deixar para máis tarde o exercicio dun novo aprendizaxe. Respetan ao neno, ao seu crecemento, a súa personalidade e evitan forzalos.

En sua opinión se os profesores esperan poderán diminuír o fracaso.

TEORÍA SOCIOCONSTRUCTIVISTA:

Define o aprendizaxe precoz da lecto-escritura, como un medio fundamental para favorecer o desenvolvemento mental do neno. En este sentido VYGOTSKY co seu concepto de “Zona de desenvolvemento próximo explica que o neno non avanza máis alá do que xa sabe sen a interacción social dun adulto. Esta teoría di que o neno necesita prerrequisitos para unha boa lectura e escritura, pero podemos empezar avanzando, aprendendo cousas. Moito antes de chegar á escola Infantil, o neno xa sabe algo de lecto-escritura, se nós o estimulamos máis, o neno desenvolverá máis rápido estas destrezas.

Desde a mesma perspectiva destácase a circunstancia de que o neno de 2 a 5 anos ten xa os prerrequisitos adquiridos, xa lle podemos ensinar a ler e a escribir. En caso de que o neno non estea preparado esperaríamos ata os 6 anos.

RUTAS DA LECTURA:

A) Ruta léxica ou directa (Modelo descendente):

  1. Recoñecemento da palabra de forma global e automática.
  2. Recoñecemento do significado da palabra no sistema semántico.
  3. A representación semántica activará a representación fonolóxica, que proporcionará a pronunciación adecuada.

B) Ruta fonolóxica ou indirecta (Modelo ascendente):

  1. Identificación das letras que compoñen o vocablo.
  2. Recuperación dos sonidos que corresponden a esas letras.
  3. A representación fonolóxica activa o significado correspondente no sistema semántico.

C) Modelo Interactivo:

É o modelo que temos que ensinar aos nosos alumnos, o máis axeitado. O que o lector ve e aporta ao texto son subprocesos simultáneos (descodificar – comprender). A lectura é un proceso continuo de emisión e verificación de hipóteses. O alumno debe aprender a procesar o texto, mentres aprende estratexias para a súa comprensión:

  • Estratexias de predicción ou anticipación.
  • Estratexias de inferencia.
  • Estratexias de autocontrol. Exemplo o conto dos tres cerditos.

Entradas relacionadas: