Desenvolvemento na primeira infancia: etapas e coidados
Clasificado en Español
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,95 KB
1. Primeira infancia
1) Etapas que abarca
Abarca de 0 a 2 anos aproximadamente. Despois de transcorrer nove meses desde a fecundación, o bebé xa está preparado para nacer.
2) Fases do parto
- Dilatación: A contracción é a dilatación do colo do útero ata que se atopa suficientemente dilatado como para permitir o paso da cabeza do feto.
- Expulsión: Comprende o paso do feto pola canle vaxinal e remata co nacemento do bebé e o corte do cordón umbilical.
- Alumbramento: Consiste na expulsión da placenta e membranas fetais despois do nacemento.
3) Características do recén nacido
Físicas
- O peso oscila entre os 2500 e os 4000 g e mide 50 cm.
- O seu corpo é tibio e a pel está cuberta dunha substancia graxa e branquecina que se chama vérnix caseosa.
- Son fráxiles e non regulan ben a temperatura.
- Presentan unha fina capa de vello en brazos, pernas e costas, chamada lanugo.
Psíquicas
- Alterna estados de sono, vixilia e equidade.
- Dorme todo o día (mantense esperto pola noite).
- Responde a diversos estímulos, incluíndo o peito materno.
- Expresan o seu estado de ánimo a través do choro.
4) Importancia da lactancia
Nutre ao neno de maneira correcta e tamén ten unha serie de connotacións psicolóxicas positivas que redundan en beneficio para o desenvolvemento posterior do bebé.
5) Desenvolvemento
- Emocional/social: Durante o primeiro ano, o bebé mantén unha especie de simbiose coa nai. Entre os dous forman un todo; o vínculo maternal-filial é un intercambio de forzas que actúan unha sobre outra. O contacto corporal coa nai é a súa primeira forma de contacto social.
- O apego: É un vínculo emotivo (sentimento) que se forma paulatinamente nos recén nacidos coas persoas que os coidan. Fórmase durante as longas horas de coidado que a nai, o pai ou quen o atenda lle proporcionan ao neno.
- Desenvolvemento motriz: Depende da maduración neurolóxica, é dicir, do perfeccionamento do sistema nervioso. Nesta etapa cústalle estar quieto, quere tocar todo o que ve ou lle chama a atención, desenvolvendo a capacidade de manipular obxectos.
- Desenvolvemento cognoscitivo: Desde que nace, non cesa de descubrir e coñecer o mundo que o rodea e moi pronto é capaz de recoñecer persoas e obxectos familiares.
- Intelixencia: É a forma en que o neno adquire o coñecemento das cousas a través dos seus sentidos e movementos do corpo (ata os 2 anos, etapa sensorial).
O linguaxe desenvólvese a medida que escoita; é necesario falar constantemente ao bebé e explicar o que se lle mostra. Os estímulos da vista, oído, olfato e tacto son vitais para o comezo do desenvolvemento cognoscitivo.