Desenvolvemento urbano en Madrid: áreas residenciais, industriais e de servizos

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB

Fórmanse así áreas suburbanas nas que se mesturan usos do solo urbano e rural. Realizouse na década dos sesenta un Plan de vivendas para as clases baixas en distintos barrios. Podemos diferenciar na periferia distintos tipos de áreas segundo a súa función:

Áreas residenciais

Xurdiron distintos tipos de barrios entre as décadas dos 50 e 70. A masiva chegada de inmigrantes como consecuencia do éxodo rural provocou a construción de numerosas vivendas, a miúdo sem planificar. Dentro das áreas residenciais aparecen bairros de infravivenda, especialmente na década de 1950, con casas autoconstruídas con materiais de refugallo e carentes de servizos básicos (luz, auga, saneamento).

  • Barrios con vivendas de promoción oficial: predomina a trama aberta e edificación de bloques de baixa calidade e escasos equipamentos nos que posteriormente houbo que realizar remodelacións e melloras.
  • Barrios de promoción privada: caracterizados en función do poder adquisitivo da poboación e do momento da construción dos mesmos. En xeral trátase de zonas con trama aberta en bloques ou torres con alta densificación, monótonos de materiais construtivos mediocres.
  • Áreas de vivendas para as clases medias con chalets acaroados, para os que buscan contacto coa natureza.

Áreas industriais

Son tamén de diverso tipo: polígonos industriais relacionados co 'desenrolismo' da época, localizados principalmente no sector sur, xunto ao río Manzanares, e novos espazos industriais do maior calidade: parques industriais empresariais, no sector norte o noreste.

Áreas de servizos e equipamentos

Buscan espazos abundantes e baratos: centros comerciais, escolares, sanitarios, construídos a partir da década de 1980. En 1969, co desenvolvemento da área metropolitana, pretendiase limitar o crecemento urbano madrileño e favorecer o dos municipios limitrofes (Alcorcón, Móstoles, Getafe, Leganés), onde se formaron cidades-dormitorio. Para conectar estas áreas co centro creouse a M-30. A planificación urbana actual céntrase non só en realizar proxectos máis estruturados, con mellores servizos e calidade, senón que tamén se dirixe a rehabilitar e mellorar o casco antigo e áreas históricas. Hoxe Madrid perde poboación debido a unha serie de problemas (carestía da vida, contaminación, con gran nivel de delincuencia). Asemade prodúcese un proceso de xentrificación en determinados barrios do centro (Chueca) que tralo proceso de remodelación abandonaron os antigos residentes, converténdose en zonas máis caras.

Entradas relacionadas: