Diferenzas entre linguas minorizadas e minoritarias
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,31 KB
Linguas minorizadas e minoritarias: o galego
Existen moitas situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas dende o punto de vista político ou xeográfico. Existen linguas cun Estado e sen Estado (as primeiras son as que representan de forma oficial a un país e as segundas son as propias de territorios que non teñen independencia política, como o galego), linguas oficiais en máis dun Estado (inglés, francés), Estados unilingües (Islandia, o Vaticano) ou Estados plurilingües nos que se falan varias linguas, como na China.
Linguas minoritarias
As linguas minoritarias son as linguas que posúen un número reducido de falantes. Unha lingua pode ser minoritaria no conxunto das linguas mundiais, pero iso non determina o seu estatus na comunidade lingüística.
Linguas minorizadas
As linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións nas que se lles negan ou non se lles facilitan as condicións para desenvolverse naturalmente e que se atopan nunha situación de inferioridade dentro da comunidade ao non ser as linguas nas que se desenvolve a vida oficial. Estas linguas pouco a pouco vanse empobrecendo. En xeral, viven unha situación preocupante. Algunhas, como o córnico (Gran Bretaña), xa non posúen falantes.
A actitude dos Estados
A actitude dos diferentes Estados é diversa. Vai desde o recoñecemento, como no caso español en que o galego está recoñecido na Constitución e ten cooficialidade xunto co castelán, ata un certo obstrucionismo, como o caso do francés, onde a política centralista fai que as linguas non oficiais do territorio se atopen nunha situación difícil.
O galego como lingua minorizada
O galego ten que ser considerado unha lingua minorizada. Ao instalarse o centro político en Castela, o castelán foi a lingua do Estado e isto fixo que o castelán se transformase nunha lingua forte e provocou a minorización das outras linguas.
Coas reivindicacións dos galeguistas do século XIX e co cultivo literario do galego, comezou o proceso de normalización lingüística que alcanza o rango de política.