Eduardo Blanco Amor: Biografía e Obra Literaria
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,43 KB
Eduardo Blanco Amor: Biografía
Eduardo Blanco Amor, o penúltimo dunha familia de cinco, naceu en Ourense o 8 de setembro de 1900. A súa infancia estivo marcada pola fuxida do seu pai cando tiña 7 anos. Aos 15 anos foxe da casa camiño de Santiago. Aos 19 emigra á Arxentina; alí asiste á universidade, traballa na banca e comeza a dirixir revistas da comunidade galega.
En 1929 viaxa a España e visita Galicia, regresando despois á capital bonaerense. Comentarista de radio, xornalista e conferenciante, publica o seu Poema en catro tempos e aparece na revista Nós os tres capítulos dunha novela inacabada: A escaleira de Xacob. Volve a España e fai amizade con Lorca, quen lle escribe o prólogo dos seus Seis poemas galegos. En 1935 regresa á Arxentina. Regresa a Galicia na década dos 60 e pasa tempadas en Vigo, onde había morrer o 1 de decembro de 1979.
Obra poética
No ano 1928 publica Romances galegos, ao que seguirán Poema en catro tempos (1931) e Cancioneiro (1951). O máis elaborado e homoxéneo é Poema en catro tempos, unha especie de canto elexíaco pola morte duns mariñeiros, organizado en forma de sinfonía.
Obra teatral
Afastado do teatro tradicional e máis en consonancia coa produción dramática de Valle-Inclán, reúne seis pezas imaxinativas onde a deformación grotesca, o expresionismo e a mestura tráxico-cómica fan lembrar os esperpentos ou o teatro absurdo de Bertolt Brecht.
Obra narrativa
- A esmorga (1959): Iníciase cunha documentación onde o autor explica, empregando a 1ª persoa, como chegou a obter a información do que se relata: un día de esmorga do Castizo, o Bocas e o Milhomes e o seu tráxico remate. O relato fórmano 5 capítulos que son unha transcrición das declaracións feitas por Cibrán, o Castizo, a un xuíz. Durante as 24 horas da esmorga, os protagonistas móvense por diversos ambientes urbanos ou suburbiais de Auria. O capítulo V remata coa intervención do autor e deixa o lector na dúbida de se Cibrán morre no xulgado, vítima das torturas, ou se se suicida.
- Os biosbardos (1962): Sete relatos breves que teñen en común ser narrados en 1ª persoa, o protagonismo infantil ou adolescente en ambientación urbana ourensá e o tempo histórico centrado nas dúas primeiras décadas do século XX.