España: Ocupación e Guerra de Independencia (1788-1813)

Enviado por taaania26 y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB

España: ocupación e liberación

Carlos IV sucedeu ao seu pai Carlos III, reinando dende 1788 ata 1808, é dicir, en plena Revolución Francesa. O seu reinado caracterízase por:

  • Ser un monarca conservador: O rei tiña medo de que as ideas da revolución acabasen coa monarquía en España como sucedera en Francia.
  • Ceder o goberno de España ao seu protexido Manuel Godoy: (home de confianza da raíña). Nun primeiro momento aliouse con Francia en contra de Inglaterra, durante a Guerra de Independencia das colonias americanas. Finalmente, as tropas franco-españolas foron derrotadas polas tropas inglesas na batalla de Trafalgar (1805).
  • A invasión francesa: Durante o seu reinado produciuse a invasión de España por parte de Napoleón.

A guerra contra Napoleón

En 1808, coa escusa de invadir Portugal (aliada de Inglaterra), Napoleón consegue que Godoy (mediante o Tratado de Fontainebleau) lle deixe pasar polo noso país. Nese momento hai un enfrontamento na casa real española entre Carlos IV e o seu fillo, o futuro Fernando VII. Napoleón chámaos a Baiona e consegue que lle cedan a coroa de España. Impón ao seu irmán Xosé I Bonaparte como Rei de España, que vai ser apoiado polos afrancesados e rexeitado pola maioría da poboación. O seu goberno introduciu reformas ilustradas (igualdade ante a lei e pagamento de impostos); pese a isto, o pobo non o quería.

A Guerra de Independencia estala o 2 de maio de 1808, cando os madrileños se levantaron en armas contra os franceses. Pouco a pouco o exército invadiu España, agás Cádiz. Tratouse dunha guerra de guerrillas, na que os guerrilleiros, co apoio do pobo, causáronlles importantes baixas ás tropas francesas. Coa axuda dos ingleses, os franceses foron expulsados de España en 1813.

A ocupación e liberación de Galicia

Durante a guerra, Galicia é ocupada polas tropas de Soult e Ney en xaneiro de 1809. Na batalla de Elviña (A Coruña) líbrase unha cruenta batalla entre as tropas inglesas e as francesas na que morre o xeneral inglés Moore. Finalmente, os franceses son expulsados de Galicia en xuño de 1809 tras perder na batalla de Ponte Sampaio (Vigo).

Entradas relacionadas: