Espectáculo trobadoresco na Idade Media

Otras lenguas extranjeras4,03 KB

As distraccións e o pracer na Idade Media: o espectáculo trobadoresco

Na Idade Media, os nobres, cando non estaban envoltos en guerras contra árabes, reinos cristiáns ou no seu propio espazo, —de aí que a guerra fose o verdadeiro oficio para os da aristocracia—, dedicaban o seu tempo de lecer a actividades como a caza e a celebración de xustas e torneos. Porén, as condicións climáticas non sempre permitían actividades ao aire libre, polo que tiveron que procurar outros divertimentos dentro de pazos e castelos. A celebración de festas nas que se cantaba e bailaba foi a eclosión do mundo dos trobadores.

Discusión sobre a orixe e influencias

Aínda que existe discusión pola presenza e importancia de elementos de orixe popular, especialmente nas cantigas de amigo, o certo é que estamos diante dunha lírica culta, propia de ambientes aristocráticos. Isto non impide que rexistremos nela aqueles apartados populares ou popularizantes. Constitúe tamén motivo de controversia a influencia da Occitania, xa que a concepción da arte trobadoresca tivo lugar nesas terras do actual sur de Francia. A devandita influencia pode ser determinante canto á conformación do espectáculo trobadoresco. Porén, en apartados formais, este noso lirismo é capaz de expresarse en galego-portugués e non en occitano, como aconteceu noutras áreas de Europa.

O espectáculo trobadoresco

A lírica medieval naceu como unha forma cantada durante as veladas celebradas nos pazos dos reis e grandes señores. Algunhas cantigas ían acompañadas por diferentes instrumentos musicais, bailes e danzas. Os propios monarcas e grandes señores tiveron participación directa no espectáculo, acompañados por xentes de extracción máis humilde, como:

  • Trobador: membro da nobreza que compón cantigas no seu tempo de lecer. Máis tarde, xurdiron outros poetas-compositores que, dende unha perspectiva profesional, quixeron denominarse a si mesmos trobadores, aínda que os poetas aristocráticos lles negasen ese título.
  • Xograr: os trobadores necesitaban dos xograres, de baixa extracción social, para que interpretasen as súas cancións. Só eran admitidos no pazo para o espectáculo, aínda que algún deles chegou a compoñer as súas propias cantigas.
  • Soldadeiras: eran mulleres que participaban como membros activos do espectáculo trobadoresco, acompañando aos xograres con cantos e bailes.

Cantigas de amigo

Clasificación

  • Cantigas dirixidas directamente ao amigo.
  • Cantigas dirixidas indirectamente ao amigo.
  • Clasificación tradicional:
    • Barcarolas: relacionadas co mar.
    • Bailadas: con referencia ao baile.
    • De romaría: a acción ten lugar nos arredores dunha ermida.

Paralelismo

O lirismo trobadoresco galego-portugués xira en torno ás repeticións, como o paralelismo. Hai dous tipos:

  • Estrutural: unha construción sintáctica e rítmica en lugares preestablecidos dentro do texto.
  • Literal: repetición case enteira dun verso.

Leixaprén

Consiste en repetir o último verso da primeira estrofa como primeiro da terceira, e o último da segunda como primeiro da cuarta.

Cantigas de amor

Caracterización temática

  • Elementos:
    • A voz é sempre a dun home.
    • A protagonista é a muller, sempre fermosa.
    • O amado non pode mostrar máis que absoluta submisión cara á súa namorada.
    • Un amor non correspondido, sendo a consecuencia desa relación a coita de amor.

Clasificación

  • Dirixidas á dama directamente.
  • Dirixidas indirectamente (conxunto máis numeroso).
  • Unha segunda posibilidade de clasificalas é segundo teñan refrán (maior número de composicións) ou sexan de mestría (composicións nas que non aparecen refráns).

Descargar

PDF Word HTML