O estado liberal: a aparición do cidadán

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,28 KB

O estado liberal: a aparición do cidadán

A lo largo do século XVII tiveron lugar certas tensións que pretendían unha maior intervención nas decisións políticas (Inglaterra).

Mais foron as revolucións en América do Norte e Francia a finais do século XVIII as que deron lugar ao estado de liberdade.

Características:

  • Ante o poder do estado parece a fincar do cidadán, como suxeito protexido, vixilante e disposto a actuar na vida política.
  • A posición do cidadán non depende da orixe familiar nin dos privilexios concedidos polo soberano. O que os protexe dunha intervención desmesurada do poder é a esixencia de Dereitos Fundamentais que o propio poder debe respectar. O individuo convértese en actor político recoñecido e o Estado non só non pode arrebatarlle os seus dereitos, senón que ten que protexelos.
  • As leis dedícanse á defensa dos dereitos dos cidadáns. Mais a defensa destas leis segue a ser monopolio estatal, aínda que xa non reflicte a vontade dun monarca soberano, senón que a lei é a expresión da vontade xeral.
  • O dereito tamén obriga e compromete ao ódio estatal que non é limitado nin absoluto. O estado é agora “estado de dereito”: fai que o dereito tamén se someta ao dereito.
  • A garantía da limitación é a división de poderes.
  • O único papel reservado ao estado liberal na economía é o de gardar que só debe intervir cando vexa ameazado o funcionamento do mercado ou cando alguén incumpra o contratado pactado.
  • Esta visión ignora as desigualdades de feito coas que se accede ao intercambio mercantil e ás consecuencias desfavorables deste intercambio a unha parte da poboación.
  • As súas influencias ideolóxicas atópanse en Locke, Montesquieu, Rousseau ou Kant.

Economía planificada: o estado decide todo, o problema é que alguén que non sabe de economía decide todo.

A crise do estado liberal e a política de masas.

Na súa versión orixinal o liberalismo concibe a sociedade como unha asociación de propietarios, o estado de garantir o dereito á propiedade e con ela a liberdade das súas transaccións.

Non debía inmiscuírse en ningunha transacción nin promover alteración algunha na orde política e social.

Entradas relacionadas: