Estratexias e definicións empresariais

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,18 KB

Concepto de estratexia: as '5p' de Mintzberg

La estratexia non ten unha dirección única, pode ser bidireccional. Pode ter varios enfoques:

1- Plan:

Curso de acción conscientemente determinado, ou unha guía para abordar unha situación específica. Primeiro o pensamento, despois a acción.

2- Estratexema:

Manobra para gañar ao contendor. Non facemos un proceso reflexivo previo.

3- Pauta:

Modelo de comportamento ou patrón no fluxo de accións. Non é un proceso intencionado, só de adaptación.

4- Posición:

Mediadora entre o entorno e a organización. O entorno cambia e a empresa ten que adaptarse.

5- Perspectiva:

Visión compartida por, e entre, os membros dunha organización, a través das súas intencións e accións.

Elementos dunha estratexia eficaz (Quinn)

- Obxectivos claros e decisivos.

- Conservar a iniciativa.

- Concentración: debemos concentrar todos os medios.

- Flexibilidade: unha maior flexibilidade provoca unha maior adaptación.

- Liderado coordinado e comprometido: líder comprometido que coordine todos os medios para lograr os obxectivos.

- Sorpresa: realizar accións sen avisar.

- Seguridade: encamiñado ao éxito.

Estes principios non sempre forman parte dunha estratexia eficaz para calquera circunstancia, só axúdanos a mellorar as posibilidades de éxito, pero non totalmente seguro.

Esto é o análise DAFO

Aspectos + da empresa: Fuerzas

Aspectos - da empresa: Debilidades

Aspectos + do entorno: Oportunidades

Aspectos - do entorno: Amenazas


DEFINICIÓNS

- Misión: A misión é unha expresión moi xeral do que é a empresa. Nela descríbese o porqué opera unha empresa e que a fai ser única. En outras palabras, é a razón de ser. É explícita e estable no tempo. Pode haber misións estreitas (específicas: fabricamos mesas) ou amplas (xerais: nos dedicamos ao turismo).

- Visión: A visión dunha empresa ven ser o que a empresa desexa ser no futuro, é dicir, como quere ou debe ser. Fai referencia á pregunta que será a empresa no futuro. En outras palabras, onde e en que condicións quere chegar a ese punto a empresa. É estable ao longo do tempo cun horizonte temporal superior a 10 anos. Incorpora unha idea de triunfo realista e creativa que necesita de esforzo e compromiso por parte de toda a empresa. Non se plantexa unha visión en termos de beneficio.

- Obxectivo: Os obxectivos empresariais son o resultado que quere alcanzar a empresa nun prazo de tempo, é dicir unha concretación cuantitativa e cronolóxica no marco da misión. Os requisitos destes obxectivos é que han de ser medibles e cunha dimensión temporal ademais de ser poucos e centrados nun resultado clave. Han de ser flexibles e coordinados entre si e sobre todo ambiciosos pero alcanzables. Existen dous tipos: económico-financeiros e globais.

Entradas relacionadas: