Etapas e consecuencias da guerra de independencia en España

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

Etapas de Goya

  • Primera etapa (1774-1792): Se instala en Zaragoza, onde realiza frescos, pouco despois de casar con Josefa Bayeu. O seu cuñado facilitoulle o ingreso como pintor de cartóns para tapices na Real Fábrica de Tapices, destacando obras como “El quitasol” e “La gallina ciega”, entre outras. Tamén realizou retratos de nobres e ilustrados, a partir de 1786 converteuse en pintor do rei Carlos III e despois do seu fillo Carlos IV.

Segunda etapa (1792-1808)

Contraiu unha grave enfermidade e quedou sordo, deixando a súa actividade como pintor de cartóns, realizando agora retratos maxistrais como “La condesa de Chinchon” ou “La familia de Carlos IV”, entre outros.

  • Terceira etapa (1808-1828): Comezou a guerra da independencia e por iso, Goya reflictiu os acontecementos nunha serie de gravados “Los desastres” e os famosos “El dos de Mayo” e “El tres de Mayo”, en 1824 exiliouse a Francia por motivos políticos.

Rasgos da guerra de independencia

Foi unha guerra de carácter popular, nacional e de liberación contra a invasión francesa, pero tamén guerra civil, que enfrontou a dous bandos de españois: os afrancesados, apoiando a Napoleón, e os patriotas, en defensa de España, entre os que militaban absolutistas. Os sublevados non aceptaban o novo poder francés pero tampouco a colaboración das autoridades do Antigo Réxime.

Fases da guerra de independencia

1ª fase: Ocupación de case todo o territorio español. Batalla de Bailén (Jaén 1808). Producíuse en campo aberto, nun día de moito calor. O exército francés foi atacado por varios frontes, e tiña pouca mobilidade polo expolio que fixeran. Producíuse a derrota francesa.

2ª fase: Napoleón chegou a España con 250000 homes e controlou todo o territorio, agás Cádiz. Surgiron as guerrillas.

3ª fase: Esta fase coincidiu coa campaña de Napoleón en Rusia. España adoptou unha posición defensiva. En 1812 un exército avanzou por Salamanca e na batalla dos Arapiles derrotou aos franceses, José I abandonou definitivamente Madrid. Napoleón non tivo máis remedio que asinar o Tratado de Valençai, onde se recoñecía a liberdade de España e se liberaba a Fernando VII.

Consecuencias da guerra de independencia

Pérdidas demográficas, con máis dun millón de mortos (10% da poboación). Pérdidas económicas e destrución: abandono de terras, destrución de camiños, pontes… O expolio e a destrución do patrimonio histórico-artístico. Consecuencias morais e psicolóxicas: crueldade, vinganzas... Surgiu un novo tipo de militar e guerrilleiro, decisivo no futuro acontecer político. Políticas: unha auténtica revolución, as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812, o enfrontamento entre liberais e absolutistas, a descomposición do Antigo Réxime e o estímulo á emancipación das colonias americanas.

Entradas relacionadas: