Evolución económica, política y social da dictadura franquista

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,43 KB

A postguerra: os anos 40 e 50

En 1939, o país estaba arrasado literalmente. Millóns de persoas véronse obrigadas a cambiar o seu comportamento e a súa ideoloxía, e aquelas que non cambiaron, foron executadas. Os exiliados foron moi numerosos, os españois que se quedaron en España e pertencían aos partidos políticos derrotados, sufriron duras penas de cárcere, creouse un clima de terror. O fame estendeuse á maioría da poboación, e o novo réxime tivo que recorrer ao racionamento. Unha boa parte dos alimentos esenciais vendíanse no mercado negro, que era a única vía de supervivencia para moita xente. O control social e ideolóxico foi absoluto e acaparou todos os ámbitos da vida: política, educación, medios de comunicación… Por este motivo, a cultura de España sufriu un gran declive, xa que moitos artistas e intelectuais tiveron que saír de España. En canto a relacións externas, en 1939, o goberno de Franco asinou un acordo de asociación co Eixe Berlín-Roma. Por tanto, ao estalar a 2ªGM, España converteuse en aliada das potencias fascistas. En 1940, Franco entrevistouse con Hitler en Hendaya, este encontro foi un fracaso, xa que Franco non aceptou a proposta alemá de entrar na guerra nin Hitler aceptou as pretensións de Franco de obter territorios en África como compensación da súa hipotética intervención. A pesar de todo, Franco enviou en 1941 a División Azul para apoiar aos nazis contra a URSS. A partir do verán de 1942, as primeiras derrotas alemás fixeron necesario un cambio de orientación, a diplomacia española iniciou un progresivo xiro cara aos aliados e incluso, ao final da guerra, autorizouse aos aliados a que utilizasen algúns aeródromos españoles.

O illamento internacional

Tras a vitoria dos aliados na 2ªGM, España viuse nunha situación difícil, xa que Franco apoiara a Italia e Alemaña. Francia pechou a súa fronteira a España, as Nacións Unidas non permitiron que España entrase e EEUU, Francia e o Reino Unido pediron que se retirasen as súas embaixadas de Madrid. O illamento de España comezara. España quedou bloqueada política e economicamente, isto fixo que a miseria e a fame aumentaran en España, o único país que mantivo a súa embaixada e a súa alianza con España foi Arxentina de Perón, que incluso enviou grandes cantidades de trigo, o cal axudou moito á supervivencia do réxime. A pesar de todo, EEUU intentou evitar a ruptura total con España porque vía no noso país un posible aliado para loitar contra os países comunistas. A partir de 1948, a situación internacional de España cambiou: comezaron a levantarse os bloqueos económicos e comerciais e pouco a pouco a ONU autorizou a entrada en España de embaixadas. Máis tarde, asinouse un acordo con EEUU polo que se lle permitiu a instalación de bases militares en Torrejón de Ardoz, Morón e Rota. Tamén asinouse un Concordato entre o Vaticano e o estado Español en 1953, onde se reafirmou a alianza entre a Igrexa e o Estado, o estado comprometíase a financiar á igrexa a cambio de que fose o goberno o que tivera a facultade de nomear aos bispos. Así, da man de EEUU e do Vaticano, a España de Franco entra en 1955 na ONU. Con isto rompeuse o illamento internacional de España. Esta etapa, desde o punto de vista económico, caracterizouse polo gran estancamento que sufriu sobre todo nos anos 40, este período coñécese como “Os Anos do Fame”, son os anos da autarquía económica, é dicir, España tiña que producir todo o necesario para poder subsistir. Para facer fronte a esta situación, o réxime franquista creou unha serie de Institucións, como o Servizo Nacional de Abastecemento e Transporte e o Servizo Nacional do Trigo, ambas de carácter fortemente intervencionista, e co principal obxectivo de garantir o abastecemento de produtos básicos en España. Pero a todo isto, súmase unha serie de malas colleitas pola seca, provocando unha maior escaseza de alimento, polo cal, tívose que racionar o pan coas cartillas de racionamento, entón foi o momento no que se comezou a importar o trigo de Arxentina. Para promover a industrialización en España, en 1941 creouse o Instituto Nacional de Industria (INI), e púxose en marcha fábricas de aluminio, nitratos, estaleiros, siderurxia e refinerías de petróleo. Ademais impulsáronse moitas obras públicas como pantanos, ferrocarrís… De todas formas, este tímido desenvolvemento industrial obtivo mediocres resultados se se comparasen con outros países europeos.

A España do desenvolvemento

A partir dos anos 50 levaronse a cabo medidas de aperturismo tanto en política como en economía. Serán os anos 60 cando o réxime franquista se afirme definitivamente no exterior. Fixéronse novos acordos con EEUU, a diplomacia española mantivo boas relacións con países árabes e a ONU. Se se quería integrar a España na economía internacional, era necesario romper coa autarquía. Para iso, Franco rodeouse dun novo equipo de ministros chamados “Tecnócratas”. Estes puxeron en marcha unhas medidas económicas para frear a inflación e corrixir os desequilibrios económicos (Plan de Estabilización). A partir de 1962, puxéronse en marcha os plans de desenvolvemento, mediante os cales creáronse os polos de desenvolvemento industriais, para sacar a España do subdesenvolvemento. Entre os cambios políticos máis importantes desta etapa está a Lei Orgánica do Estado, que deu paso dun réxime ditatorial, a unha monarquía limitada. Tamén foi moi importante a Lei de Prensa, creada por Fraga Iribarne, que suprimía a censura previa. En canto aos cambios sociais foron os seguintes: os españois foron cambiando de mentalidade e forma de vida, fixéronse máis consumistas, xa que o paro foi desaparecendo, a educación desenvolveuse, creceron os salarios e a Lei de Bases da Seguridade Social permitiu que houbese pensións de xubilación e a cobertura sanitaria estendeuse por todo o país. Estes anos tamén serán os da emigración. Moitos españois marcharán a outros países ou grandes cidades en busca de emprego e tamén comezará o auge do turismo, ambas actividades traerán a España gran cantidade de divisas.

O fin do franquismo

Dende mediados dos anos 60, a inestabilidade do réxime era evidente, as folgas e os conflitos non deixaban de sucederse ao mesmo tempo que o desgaste físico de Franco acentuaba todos os problemas. Ante esta situación, Franco declarou o “estado de Excepción” en toda España, o franquismo estaba moi desgastado e non había unha política forte coa que afrontar tanto problema e a única maneira de controlar a situación foi mediante a represión e detendo calquera intento de apertura. En 1962, un grupo de exiliados reuníronse en Munich, onde denunciaron a natureza antidemocrática do réxime. Tamén será nestes anos cando a Organización Independentista Vasca “ETA”, converterase no principal problema de España pois optaron pola loita armada, a solución que atopou o franquismo foi a represión, levouse a cabo o “Proceso de Burgos”, que condenou a 6 etarras á pena de morte, acusados de asasinar a un policía, pero a Franco non lle quedou máis remedio de indultalos ante as fortes presións populares, isto estaba demostrando que as protestas contra o réxime eran cada vez maiores. En 1969, Franco fixo que as cortes nomeasen ao príncipe Juan Carlos de Borbón, rei de España. Ese mesmo ano, estalaría unha grave crise no goberno provocado polo asunto Matesa, era unha empresa textil catalá que realizou un grande fraude financeiro. Isto provocou un enfrontamento político que se sumaba aos problemas que comezou a tomar o franquismo. En 1973, o almirante Luis Carrero Blanco, foi nomeado Presidente do Goberno, pero ese mesmo ano, foi asasinado por un comando de ETA. A súa morte foi un duro golpe para o réxime e lle sucedeu Carlos Arias Navarro, que intentou realizar un tímido aperturismo do réxime. A todo isto uníronse outros 3 problemas: o primeiro, a crise do petróleo de 1973; en segundo lugar, as execucións de cinco terroristas despois dun proceso sen garantías, isto volveu provocar fortes protestas e finalmente, estalou o conflito no Sáhara Español, Hassan II ameazou con invadir o Sáhara Español, puxo en marcha a chamada Marcha Verde. Finalmente, o goberno español entregou o Sáhara Español a Marroco e Mauritania. En outubro de 1975, comezou a longa agonia de Franco, que xa fora substituído meses antes por Don Juan Carlos na xefatura do Estado. O 20 de novembro, Franco morre.

Entradas relacionadas: