A evolución do teatro e da prosa en galegal desde finais do século XX
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 8,37 KB
O teatro galego desde finais do século XX
A finais do século XX, o teatro galego experimentou unha gran evolución grazas á labor crucial dos grupos de teatro independente e dos autores que participaron nas mostras de obras dramáticas dos 70. A partir dos 80, o apoio institucional democrouse na consolidación da dramaturxia galega. Na década dos 80 o teatro profesionalizouse e fundouse a asociación profesional de teatro galego en Sada. Neses momentos comezaron a aparecer salas estables. A comezos do 84 naceu o Centro Dramático Galego, símbolo do teatro institucional, co obxectivo de recuperar a profesión e representar obras que ata o momento non foran levadas a escena por falta de apoios.
Durante a etapa do teatro independente van aparecer novas tendencias como a crítica social, tinguida de humor; ou o culturalismo, no que se reflexionará sobre o propio teatro. Dentro desta liña destaca o grupo A Mirada Culta; así mesmo, outras tendencias destacables son:
- O neorruralism, en enlace coa tradición de preguerra (Raúl Dans).
- A intertextualidade, coa volta aos clásicos dramáticos universais (Cándido Pazó, M. A. Murado).
- A comedia (Roberto Salgueiro, S. de Toro).
- O teatro histórico, xa traballado nas mostras de Ribadavia por Agustín Magán, que continuará da man de Millán Picouto, Mª Xosé Queizán...
Mais todas estas liñas mestúranse nun mesmo autor de difícil clasificación pola súa orixinalidade, João Guisan. Porén, da promoción dos 80 van salientar dramaturgos como Xesús Pisón coas obras Pauto (1983, sátira do poder da igrexa), Venenos (1994, trata sobre a diferenza das relacións humanas) e O rei aborrecido (1984, dirixida a un público infantil). Tamén Miguel Anxo Fernán-Vello vai sobresaír nesta época co seu teatro culturalista e intimista: destaca nel a análise da vida como teatro e os problemas da sociedade. Obras: A tertúlia das máscaras (1981) e A xtraña srta. Lou (1992).
Xa máis adiante, na promoción dos 90, destacan autores máis novos, nacidos na época dos 60. Estes van ter unha vontade de xerar unha liña teatral propia e manter a continuidade creativa. Destaca Cándido Pazó, que combina a actualidade social galega coa ironía e o humor en obras como Raiñas de pedra (1991) e Ñiquiñaque (2000); tamén escribirá O merlo branco (1989), teatro infantil. Outro autor desta promoción é Raúl Dans, que trata temas do mundo rural e urbano, a identidade do ser humano e o seu papel na sociedade que lle toca vivir (Waterloo, 1990; Matalobos, 1993; Estrema, 1999), demostrando un perfecto coñecemento do diálogo como fío condutor da obra dramática.
Ten a mesma importancia Miguel Anxo Murado, que traballa un teatro intertextualizado aproveitando vellas historias sobre as que reflexiona (Historias peregrinas, 1995); e Inma Soto, na que se reitera a perspectiva feminista a través do simbolismo, cunha reflexión sobre a incomunicación, a frustración e a soidade. Dentro da súa obra atópanse títulos como Era nova e sabia o malvaisco (1990) ou Os cárceres do esquezo (2004), baseada na entrevista a un correspondente de guerra, onde reflexiona sobre as desgrazas da vida e do home guiados polos catro xinetes do Apocalipse e o seu significado.
A prosa galega a finais do século XX
A partir de 1975, a literatura galega entra nunha etapa marcada por profundos cambios sociais, políticos e culturais. Destaca un notable avance do proceso de normalización do galego. Debida á oficialización e introdución en todos os plans da vida social, vaise ir consolidando un novo público lector cuxa maior demanda será o xénero narrativo. A producción narrativa pódese clasificar en períodos: a etapa de transición dos 80, a dos 90 e a narrativa do novo milenio.
Nos primeiros anos destacan os narradores da etapa anterior, nos cales se comeza a percibir algún cambio. Xoguetes para un tempo prohibido de Carlos Casares gaña en 1975 o concurso de novela a propósito do 25º aniversario de Galaxia. Neses anos publícase tamén A norte de Frank González. A novela de Casares presenta unha tendencia continua ás técnicas novelescas, mais centrarase nos problemas sociais e culturais galegos. A de Ferreiro iniciará unha tendencia narrativa comercial.
Nos anos 80 salienta a riqueza e variedade, coexistindo todos os xéneros: novela histórica, memorialista, psicolóxica, policial, negra, experimental, ficción futurista e fantástica. Nancen revistas literarias (Luces de Galiza), premios de narrativa (Blanco Amor), suplementos culturais na prensa galega... Ao mesmo tempo vanse consolidando editoriais como Edicións Xerais e Sotelo Blanco. Nelas publícanse autores das xeracións anteriores como Méndez Ferrín (Bretaña esmeraldina, 1987), Neira Vilas (Querido Tomás, 1980) ou Casares (Ilustrísima, 1980), que manteñen a preocupación polas nosas claves identitarias. Igualmente publican autores da década dos 80, caracterizados pola gran variedade de temas e técnicas, proba da madurez literaria galega nesta época.
Tendencias narrativas dos anos 80
Entre estas técnicas atopamos:
- A novela histórica e memorialista: O triángulo inscrito na circunferencia (1982) de Víctor Freixanes; Xa vai o griffon no vento (1985) de Alfredo Conde. Tamén nos recrean unha época pasada Galván en Saor de Darío Xohan Cabana (mundo trobadoresc), ou A nosa cinza de Xosé Luis Méndez Ferrín (sobre o franquismo).
- A introspección de tipo psicolóxico: obras de Marina Mayoral como O relox da torre (1983) ou O soño perdido de Elvira M. de Úrsula Heinze.
- A tendencia policial: Crime en Compostela de Carlos Reigosa, ou Turbo 88 de Miguel Suárez Abel.
Destacan Suso de Toro ou Manuel Rivas, non só en Galicia, senón amplamente traducidos ao castelán e outros idiomas. Publican narrativa centrada na análise do presente histórico e o conflito urbano-rural: Suso de Toro con Polaroid (1988) e Land-rover, mentres que Manuel Rivas presenta Un millón de vacas, que moitos sitúan na narrativa bravú, continuada por Xurxo Souto, Reixa e Cachamuíza.
A renovación dos anos 90 e o novo milenio
Nos anos 90 a variedade temática amplíase: ciencia ficción, narrativa erótica, novela policial, humorística, experimental, realismo sucio, narrativa bravú... Consolidase a literatura infantil e xuvenil. Nesta época escriben Méndez Ferrín, Carlos Casares ou Mª Xosé Queizán, facendo unha revisión do noso pasado e do presente. Continuadores serán Suso de Toro con Tic-tac (1993) ou Manuel Rivas con ¿Qué me queres amor? e O lapis do carpinteiro.
Xorden novos autores como Fran Alonso (Tráiler, 1993) ou Cid Cabido (Panificadora e Grupo Abeliano), que seguen enriquecendo a diversidade temática e estilística. Escritores desta xeración van escribir tamén novela histórica (Morning Star de Xosé Miranda), novela de intriga detectivesca (Un home xaceu aquí de Aníbal Malvar), de ciencia ficción (Soños eléctricos de Ramón Caride) e literatura destinada ao público infantil e adolescente (Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Ramón Caride...).
A narrativa de comenzo deste milenio presenta similar diversidade ca a da época anterior, e camiñará cara a unha verdadeira normalización. Destacan mulleres como María Reimóndez (O club da calceta), Teresa Moure (Herba moura) e Inma López Silva (Concubinas). O éxito de Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras ou Periferia de Iolanda Zúñiga parece iniciar a renovación da novela galega do novo século.
O ensaio tamén se consolida neste período, impulsado por revistas como Grial, Luces de Galiza ou Encrucillada. Entre as liñas ensaísticas destacan:
- Político-económica (Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira...).
- Filosófica (Francisco Sampedro, Antón Baamonde).
- Lingüístico-literaria, teolóxica e histórica.