O exilio galego e a súa influencia na literatura

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,74 KB

Como consecuencia da guerra civil moitos galegos, entre eles, escritores, artistas e intelectuais, víronse obrigados a exiliarse. Esta coincidencia axudou a dinamizar ao colectivo emigrante galego e reforzou os ideais galeguistas. Favoreceu a promoción cultural galega e axudou á pervivencia do galego como lingua escrita. Estes autores mantiveron acesa a chama da tradición literaria e cultivaron os máis diversos xéneros.

Poesía

A poesía foi o xénero máis cultivado. Os temas abordados reflectían asuntos e problemas dos que sería imposible escribir en Galicia durante este período de represión e ditadura. Os remas eran, a denuncia social, o drama da emigración e a reivindicación do galeguismo político e cultural. Entre os principais poetas citamos:

  • Emilio Pita (1909-1981): a primeira obra publicada no exilio foi o seu libro de poemas “Jacobusland” (1942), ilustrado por Castelao. É un libro que pon de relevo a traxedia da guerra civil en Galicia en medio dunha nostálxica visión da natureza galega. Posteriormente publicaría “Cantigas de nenos” (1944), entre outras.
  • Luís Seoane (1910-1971): en Buenos Aires converteuse nun dos iniciadores do movemento cultural galego. Colaborou en xornais e revistas. Artista polifacético; pintor, narrador e poeta. A súa poesía carece, polo xeral, de recursos estilísticos importantes, pois pretende e que as súas composicións cheguen a unha gran maioría de lectores. A súa poesía é sobria, chea de forza e de paixón comunicativa. Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración tratada desde a perspectiva dos propios emigrantes. Escribiu tamén teatro, escrito en galego aínda que publicado en castelán.
  • Lorenzo Varela (1917-1978): Os temas recorrentes das súas obra son as vivencias tráxicas da guerra civil, o pasado histórico de Galicia e a reivindicación de personaxes históricos da Idade Media; Roi Xordo, María Pita, etc. Outra obra que publica é “Lonxe”, composición dominada pola angustia do desterro, a saudade e o afastamento de Galicia. Este libro foi Ilustrado por Luís Seoane.

Narrativa

A temática céntrase na guerra civil e nas consecuencias que provoca o exilio. Todo iso escrito cun afán de denuncia. Son obras realistas e cargadas de elementos autobiográficos que tratan o tema da guerra civil, así como o dos anos inmediatamente posteriores. O mundo dos fuxidos, da guerrilla antifranquista e da represión son narrados nuns textos directos que case sempre empregan un narrador en 1ª persoa, outorgándolle deste xeito unha confidencialidade notábel á historia.

  • Silvio De Santiago (1903-1974): Debido á guerra civil exiliouse a Portugal e posteriormente a Venezuela. Foi aquí onde escribiu unha novela que publicaría no seu regreso a Galicia, “Vilardevós”. Está escrita con sinxeleza técnica e con intención de crítica social. É unha novela costumista na que exalta o mundo popular e rural. Posteriormente publica “O silencio redimido”: novela autobiográfica na que relata a época da súa condena, fuxida de Galicia e posterior exilio en Sudamérica.
  • Ramón Valenzuela: Publica, “Era tempo de apandar”, novela autobiográfica na que recrea experiencias persoais vividas durante a guerra civil.

Teatro

Este xénero tivo especial relevancia dadas as numerosas compañías teatrais existentes. Foron dúas as tendencias:

  • Teatro culto: Autores que incorporan técnicas dramáticas innovadoras para modernizar a posta en escena. A finalidade era a concienciación galeguista no público. Salientamos a Castelao, coa peza “Os Vellos non deben de Namorarse”e a Blanco Amor.
  • Teatro para a xente: son obriñas de realismo costumista, pensadas para “a xente do noso pobo”, público pouco acostumado a ler ou ver teatro.
  • Farsas para títeres, son pezas moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, que lembran o esperpento de Valle Inclán ou o teatro do absurdo europeo. Están pensadas para un público culto.
  • Teatro popular: Próximo ao teatro tradicional. O obxectivo era exaltar os costumes, as tradicións e a dignificación da lingua. Nesta tendencia destacamos a Manuel Varela Buxán (1909-1986). Autor que emigra a Arxentina en 1930; funda a compañía de teatro “Aires da Terra”. En contacto con Castelao, Buxán confiará na súa compañía para representar “Os vellos non deben de Namorarse”. O teatro de Buxán é popular, de liña cómica e sentimental enmarcado nun contexto de denuncia social e política de Galicia. A súa ambientación remite sempre ao mundo rural galego. As obras a destacar son; “Taberna sen Dono”, “O Ferreiro de Santán”, así como unha serie de comedias curtas.

Entradas relacionadas: