Os factores humanos na agricultura e os efectos da agricultura de mercado

Enviado por dani y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,14 KB

Os factores humanos da agricultura

O volume da poboación, as técnicas agrícolas, o destino final da produción. Na chamada agricultura de subsistencia, a produción destínase ao consumo da familia campesiña, que cultiva todos os produtos que pode. Na agricultura de mercado, especialízase nun produto ou nun número reducido deles porque a produción se destina á venda. As políticas agrarias. Os gobernos inflúen decisivamente nas características e evolución da agricultura mediante distintas medidas: leis de reforma agrarias, plans hidrolóxicos que permiten regar novas terras, axudas económicas ou fixación de cotas para unha determinada produción.

Como é a agricultura de mercado

A agricultura de mercado ten como principal obxectivo obter o máximo beneficio. Lográse por distintos medios: a especialización da produción, a mecanización dos labores do campo, a aplicación de modernas técnicas de cultivo, como fertilizantes, que melloran a capacidade da terra e que permiten obter varias colleitas anuais; sementes de elevado rendemento; e en lugares con climas moi secos e con terros moi pobres, cultívase en invernadoiros, en terreos artificiais.

Os efectos da agricultura de mercado

A alta productividade permite baixar prezos. Ao localizarse grandes cantidades de produto en determinados lugares, axilízase a comercialización, pois as persoas que abastecen aos comercios non teñen que dirixirse a moitos sitios para adquirir todos os produtos que necesitan. Ao producirse grandes cantidades dun produto, podense utilizar transportes especializados para distribuílo e mellores técnicas para conservalo (conxelación, conservas, etc.). Os efectos negativos dos fertilizantes son que contaminan a terra e as augas, e en consecuencia, á nosa saúde.

Investimento e servizo

Un ben é todo obxecto que satisfai unha necesidade e ten un valor. Un servizo é unha prestación destinada a satisfacer unha necesidade persoal ou social, pero non consiste na produción dun obxecto. O investimento é a cantidade de diñeiro que se destina a iniciar un negocio ou a mantelo e melloralo co obxecto de obter.

Entradas relacionadas: