Formas de Goberno e Organización do Estado
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,04 KB
A ditadura
Nunha ditadura, o poder está ocupado por un individuo ou un grupo que controla todos os poderes do Estado e non permite a sucesión. Neste caso, o goberno dita as leis e os cidadáns simplemente deben obedecer. Non hai dereitos humanos (liberdades básicas) e aplícase sistematicamente a represión.
As ditaduras instáuranse de xeito violento (como un golpe de Estado ou unha guerra civil).
A república
Nunha república, a xefatura está nun presidente. É un cargo electivo e temporal.
Pode haber dous modelos:
- Presidencial: O xefe do Estado tamén goberna, como nos Estados Unidos.
- Parlamentaria: Hai un presidente da República que é xefe de Estado e un primeiro ministro ou presidente do Goberno, como en Alemaña.
Organización territorial do Estado
Nos estados grandes atopamos:
- Administración central ou servizos centrais do Estado: Ocúpanse daqueles servizos que se presentan por igual en todo o territorio.
- Administración local ou rexional: Ocúpase dos servizos e ámbitos territoriais reducidos, coma o concello.
- Estados centralizados: A administración central goberna todo o territorio do Estado.
- Estados descentralizados.
As eleccións democráticas
Os cidadáns participan no goberno a través das eleccións, que deben cumprir certas condicións:
- Libres: Os electores son libres de votar ou non.
- Periódicas: As eleccións deben ter lugar periodicamente.
- Plurais: Debe haber diferentes opcións para escoller.
- Por sufraxio universal: Todos os cidadáns poden votar sen excepción.
Estados segundo a relixión
- Estados laicos: Hai liberdade relixiosa e separación entre Estado e relixión (os cregos non interveñen no Estado). Exemplos: España, Francia.
- Estados confesionais: Hai unha relixión oficial con privilexios. Pode haber liberdade relixiosa para os cidadáns. Exemplos: Grecia, Gran Bretaña.
- Estados teocráticos: Só hai unha relixión oficial e permitida. Os libros sagrados (Biblia ou Corán) son a base do ordenamento legal. Os cregos teñen postos políticos. Exemplos: Vaticano, Irán.
O papel do Estado na economía
- Estado social ou de benestar (Welfare State): Co fin de evitar as desigualdades sociais, o Estado asegura certos servizos públicos costeados a través dos impostos, como a sanidade e a educación pública. Outorgan subvencións ás empresas e subsidios á poboación que o precisa. Establece un sistema de pensións á poboación xubilada (maiores de 67 anos). Exemplo: España.
- Estado liberal: É aquel que deixa en mans do sector privado a educación, a sanidade e as pensións. Exemplo: Estados Unidos.